Bos días a todos e todas.
Dende o Departamento de matemáticas dar os parabéns aos alumnos/as que permaneceron todo este tempo nas súas casas seguindo o curso vía correo, fotocopias, abalar, google drive...
Agora chega o momento de descansar. Nesta semana intentade disfrutar na casa e coas vosas familias dun merecido descanso, para que á volta, a partir do 13 de abril collamos con ánimo e pilas recargadas o resto do curso,sexa polo medio que sexa.
Todos xuntos vámolo afrontar.
Un saúdo moi forte de todas as profesoras de matemáticas cara todos os alumnos e alumnas do Cpi A Cañiza.