Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 22, 2018

Convocatoria 2018-2019

 

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO  2018/2019

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

 

 

LISTAXE de LIBROS DE PRÉSTAMO para SECUNDARIA    

 

LISTAXE de excluídos de SECUNDARIA    

LISTAXE FINAL DE CHEQUES de MATERIAL ESCOLAR para SECUNDARIA e PRIMARIA    

Nesta listaxe figuran os cheques de Secundaria que estaban pendentes de emisión, por estar convocados a examinarse na convocatoria de setembro.

Sinalar que os alumnos que repiten curso, aparecen na listaxe do seguinte curso, non na lista do curso que lles corresponde.

 

Figuran tanto os cheques concedidos como os excluídos. 

 

 

LIBROS DE PRÉSTAMO DA EDUCACIÓN PRIMARIA (Fondo Solidario da Xunta de Galicia) 

 

Teñan en conta, que no caso de coincidencia entre os libros de préstamo concedidos no Fondo Solidario do CPI de Cruz do Sar, cos concedidos polo Concello de Bergondo, soamente se entregará UN EXPEMPLAR dos libros coincidentes.

 

En relación ao préstamo dos libros, no caso de recibir en préstamo o libro de lingua estranxeira, teñan en conta que soamente se prestará o libro de texto, pero non o libro de exercicios:

- PUPIL´S BOOK (Primaria) ou CLASSBOOK (Secundaria) para lingua inglesa.

- CAHIER D´ELEVE para lingua francesa. (Educación Secundaria)

 

Polo que sempre deberán mercar o libro de exercicios:

- ACTIVITY BOOK (Primaria) ou WORKBOOK (Secundaria) para lingua inglesa.

- PACK CAHIER para lingua francesa. (Educación Secundaria)

 

 

CHEQUES CONCEDIDOS de MATERIAL ESCOLAR (Primaria-Secundaria) e LIBROS (1º-2º primaria)    

 

Os cheques de Primaria e Secundaria xa poden recollelos na secretaría do centro educativo de 9:30 a 13:45 horas.

Polo momento, os cheques dos alumnos de Secundaria, soamente están dispoñibles para o alumnado que formalizou a matrícula do curso 2018/2019.

 

 

Listaxe DEFINITIVA das solicitudes presentadas a data 22 de xuño 2018 

 

 

 
REMATADO a data 22 de xuño de 2018, o prazo de presentación de solicitudes, agora as familias, nos casos que se amosan como PENDENTES DE SUBSANACIÓN, deberán achegar a documentación que se lles solicitou (libro de familia, sinaturas no Anexo-II, etc). Así mesmo os que figuran como Excluída - Falta documentación ou validación do centro deberán achegar a declaración do IRPF ou o certificado de imputacións 2016.
 
 
A data 22 de xuño xa non quedan solicitudes por tramitar, e lamentablemente o proceso de admisión das solicitudes finalizou. As únicas solicitudes válidas son as que foron achegadas en prazo ao centro educativo.
 
Na listaxe os alumnos aparecen ordeados por cursos, e aparece indicado si a solicitude foi admitida (pendente de formalizar a matrícula) ou si a solicitude foi excluída.
 
As solicitudes que aparecen como  "pendente" están aceptadas e en espera de que se formalice a matrícula.
 
As que se sinalan como "excluídas" poden estar excluídas por superar o tramo de renda per cápita, que para a axuda de material está establecido en 5.400€ e para o cheque de libros de 1º-2º Primaria está establecido en 9.000€. Tamén poden estar excluídas por non ter presentado a Declaración da renda, tendo obriga de facelo, ou por presentar declaracións duplicadas, ou por outros motivos, que deberan solventar coa Axencia Tributaria, nas dependencias de Betanzos ou Coruña.
 
Para os libros de préstamo (3º-6 Primaria e Secundaria), aínda que hai un tope de renda de 9.000€, no caso de que existan libros dispoñibles para o préstamo, os solicitantes que superen esa renda, recibiran por orde de renda os libros que queden, ata que agotar os libros dispoñibles, tendo preferencia as rendas inferiores e que se situen dentro do rango de 9.000€.
 
Polo momento non están concedidos cheques ou libros, o único dato que se amosa na listaxe é si a solicitude esta correctamente tramitada ou excluída. 
 
Os cheques de material e libros de Primaria temos previsto dispoñer deles a partir do 6 de xullo, e para Secundaria (so material) a partir do 11 de xullo, sempre que o alumnado superara todas as materias en xuño.

 

 

 

Devolución dos libros de préstamo 2017/2018

Educación Primaria 3º/4º/5º/6º curso:  Ata o 21 de xuño ao titores nas aulas.

Educación Secundaria 1º/2º/3º/4º curso:  Ata o 21 de xuño na Secretaría do centro educativo. Non se entregarán aos profesores. Devolveranse incluso os libros de materias suspensas (xa que ata a data 26 de xuño non recibiran oficialmente os boletín de cualificacións). Os libros das materias suspensar poderan recollerse de novo a partir de 26 de xuño na Secretaría, achegando boletín de cualificacións, xustificativo dos libros a recoller. Logo de examinarse en setembro, serán devoltos o día 6 de setembro, día de entrega dos boletíns de cualificacións da avaliación extraordinaria.

 

Circulares devolución dos libros de préstamo 2017-2018 

 

 

 

Entrega dos cheques 2018/2019 de material escolar + cheques de libros de 1º e 2º curso de Primaria

Educación Primaria: Dende o 6 de xullo

Educación Secundaria: Dende o 11 de xullo SOAMENTE para os alumnos que se matricularon por superar todas as materias en Xuño. Os pendentes de setembro poderán recoller os cheques a partir do 12 de setembro de 2018.

 

Listaxes dos libros de préstamo 2018/2019 (Fondo solidario):

Educación Primaria 3º/4º/5º/6º curso:  Antes do 20 de xullo de 2018 no taboleiro de centro e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/ 

Educación Secundaria 1º/2º/3º/4º curso: Entre o 11 e o 14 de setembro de 2018 no taboleiro de centro e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/ 

 

OS LIBROS DE PRÉSTAMO ENTREGARANSE NAS AULAS CO INICIO DO CURSO.

OS LIBROS QUE NON APAREZAN NAS LISTAXES DEBERÁN SER ADQUIRIDOS.

NO CASO DOS LIBROS DE INGLÉS E FRANCÉS, SOAMENTE SE PRESTARÁ O LIBRO DE TEXTO, NUNCA O LIBRO DE EXERCICIOS QUE DEBERÁ SER ADQUIRIDO.

 

 

 

 

Na data 21 de maio de 2018, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019.

 

Máis información sobre esta convocatoria en

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_es.html

 

Nesta convocatoria, como novidade, a presentación preferente será telemática a través de:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

 

Sinalar que para a presentación telemática, precisan dispoñer dunha identificación electrónica, DNI electrónico, Certificado dixital da FNMT ou Chave365. No caso do DNI electrónico, precisarán dun aparello lector conectado ao PC, e en calquera caso tamén precisarán dun escaner ou cámara dixital para dixitalizar a documentación a achegar ( Libro de Familia e Anexo III ).

En relación coa presentación electrónica, poden obter máis información neste documento

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/fondolibros/FNDLIB_MU_ManualCidadan_v.01.17.2.pdf

 

 

No caso de desexar  cumprimentar a solicitude no ordenador sin usar a aplicación FondoLibros, poden usar o seguinte documento PDF, e logo de introducir os datos, imprimirán as páxinas 1-3 e deberán asinar as casiñas das sinaturas.

 

data tope de presentación das solicitudes será o venres 22 de xuño de 2018, tanto para Primaria como para Secundaria.

 

 DOCUMENTOS:

 

 PDF editable da solicitude para presentación presencial

 

 Instruccións actualizadas para a presentación da solicitude   

                   

 

  Instruccións presentación da solicitude     

 

 Normativa procedemento ED-330B  

http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/node/182

Start: 22/05/2018 15:14

Horario de atención ao público durante o curso escolar

Lúns a Venres: 9:10 a 14:15 *

Lúns e Martes: 16:00 a 19:00 *

* horarios válidos durante o curso escolar (10 setembro 2017 - 21 xuño 2018)

 

Horario de atención ao público no verán (22 de xuño a 23 de xullo / 1 ao 10 setembro)

Lúns a Venres: 9:30 a 14:00

Correo electrónico: 

Secretaría:  secretaria.cpi.cruz.sar@gmail.com

Dirección: cpi.cruz.sar@edu.xunta.es

Teléfono: 881 960 215

 

 

Start: 22/05/2018 15:17
Start: 22/05/2018 15:39

 

SOLICITUDE DE PRAZA NOVO ALUMNADO - CURSO 2018 / 2019

 

Este proceso de admisión está destinado soamente ao novo alumnado que desexe incorporarse ao CRUZ do SAR e non proceda do centro adscrito CRA de Bergondo (Educación Infantil).

Sinalar que os alumnos do CRA de Bergondo xa fixeron a reserva de praza no mes de febreiro e soamente deberán confirmar a súa intención de cursar estudos neste centro educativo, formalizando a súa matrícula no prazo do 20 ao 30 de xuño.

 

Todo o novo alumnado que desexe solicitar praza, deberá presentar a súa solicitude de admisión e a documentación complementaria na Secretaría do CPI de Cruz do Sar. Presentarán unha única solicitude, na que indicarán un ou varios centros, por órde de preferencia, nos que desexan solicitar praza para o alumnado solicitante.

O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 MARZO de 2018.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Impreso de solicitude de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos ED-550B.       A solicitude pódese descargar aquí    

  • Certificado de matrícula ou escolarización AL-997 (Xade) emitido polo actual centro educativo, para verificar o nivel no que se atopa matriculado o alumno solicitante durante o curso 2017/2018.

  • Copia do DNI do alumno ou copia do Libro de familia, para verificar a data de nacemento do alumno solicitante.

  • Copia do DNI dos titores legais.

  • Copia da tarxeta sanitaria do alumno.

  • Unha fotografía tamaño carnet en cor.

  • Volante de empadroamento no Concello de Bergondo, para verificar a residencia na zona de escolarización que lle corresponde.

 

  • No caso de separación ou divorcio, a solicitude de admisión deberá estar asinada por ambos proxenitores e deben achegar copia da resolución xudicial, ou do convenio regulador (excepto nos casos de violencia de xénero, aínda que deberán aportar documentación xustificativa da dita circunstancia), agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. Nestes casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente (excepto nos casos de violencia de xénero, aínda que deberán aportar documentación xustificativa da circunstancia de violencia)

 

 

Lembrámosllesás familias que logo de reservar praza, si estaban matriculados no centro adscrito de Educación infantil CRA de Bergondo (prazo do 1 ao 15 de febreiro de 2018) ou si veñen de solicitar praza, ao trasladarse dende un centro educativo non adscrito ou situado fora de Bergondo (prazo do 1 ao 20 de marzo), deberán verificar que aparecen admitidos nas listaxes que se publicaran entre o 25 de abril e o 15 de maio. No caso de estar admitidos deberán formalizar a matrícula nos seguintes prazos:

 

  • Educación Primaria (1º a 6º curso) do 20 ao 30 de xuño

  • Educación Secundaria (1º a 4º curso) do 25 de xuño ao 10 de xullo

  • Educación Secundaria, con materias suspensas, antes do 10 de setembro (indicaranse as datas concretas máis adiante).

 

  Impreso de solicitude de admisión 

Xa se atopan publicadas as listaxes DEFINITIVAS de admitidos para o curso 2018/2019.
 
Todos os alumnos solicitantes obtiveron praza.
 
Ao longo do mes de Xuño, remitiráselles a documentación para formalizar a matrícula, tramite que deberá ser feito por vostedes nas datas correspondentes, dependendo das ensinanzas que tiveran solicitado.
No caso de non formalizar a matrícula perderán a praza que lles foi adxudicada. 
 

Os prazos para formalizar a matrícula son os seguintes:

  • Educación Primaria (1º a 6º curso) do 20 ao 30 de xuño

  • Educación Secundaria (1º a 4º curso) do 25 de xuño ao 10 de xullo

  • Educación Secundaria, con materias suspensas, antes do 10 de setembro (indicaranse as datas concretas máis adiante).

 

Premendo aquí poden ver as listaxes completas

 

 

 

A cociña  

 

 

 
 
 

Me gusta · 4 horas · 

 

 

 Hoxe é o último día de Olga Sánchez ao frente dos fogóns do noso centro. Queremos agradecerlle que se ocupara tanto e tan ben de todos os rapaces e rapazas que pasaron polo comedor nos últimos trinta anos.


Que teñas toda a felicidade que mereces, Olga ❤️

     https://www.facebook.com/apa.asmarinas/photos/a.720938514689683/2196954517088068/?type=3&theater

  

 

A cociña do CRUZ do SAR

 

Os menús escolares

 

Menús elaborados polas cociñeiras do CRUZ do SAR 

 

Curso 2017 / 2018

Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais:

Curso 2016 / 2017

Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais:

                                                                      

Curso 2015 / 2016

Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais: 

 Curso 2014 / 2015

Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais: 

  Curso 2013 / 2014

Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais: 

Start: 22/05/2018 16:55

A COCIÑA DO CRUZ DO SAR

 

OS MENÚS ESCOLARES

Start: 22/05/2018 17:00

A COCIÑA

 

OS MENUS ESCOLARES

Distribuir contido


by Dr. Radut