Informarlles que dende o 2 de setembro o Cruz do Sar xa está ABERTO polo remate das vacacións de verán, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
As clases reiniciaranse o 11 de setembro no horario habitual de 9:20 a 14:20 (Primaria) e 9:20 a 14:50 (Secundaria), máis os luns pola tarde en Secundaria ata as 17:20 horas.
Dende o 11 de setembro dispoñerán de transporte escolar dende as 8:50 horas da mañá. O regreso pola tarde será as 15:05 (Primaria) e ás 15:45 (Secundaria) excepto os luns que Secundaria terá o bus de regreso ás 17:20 horas
Tamén dispoñerán dende ese día do servizo de comedor escolar, no horario de 14:20-15:00 para Primaria e 15:05-15:30 para Secundaria