Skip to Content

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O NOVO ALUMNADO

22/05/2018 15:39

 

SOLICITUDE DE PRAZA NOVO ALUMNADO - CURSO 2018 / 2019

 

Este proceso de admisión está destinado soamente ao novo alumnado que desexe incorporarse ao CRUZ do SAR e non proceda do centro adscrito CRA de Bergondo (Educación Infantil).

Sinalar que os alumnos do CRA de Bergondo xa fixeron a reserva de praza no mes de febreiro e soamente deberán confirmar a súa intención de cursar estudos neste centro educativo, formalizando a súa matrícula no prazo do 20 ao 30 de xuño.

 

Todo o novo alumnado que desexe solicitar praza, deberá presentar a súa solicitude de admisión e a documentación complementaria na Secretaría do CPI de Cruz do Sar. Presentarán unha única solicitude, na que indicarán un ou varios centros, por órde de preferencia, nos que desexan solicitar praza para o alumnado solicitante.

O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 MARZO de 2018.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Impreso de solicitude de admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos ED-550B.       A solicitude pódese descargar aquí    

  • Certificado de matrícula ou escolarización AL-997 (Xade) emitido polo actual centro educativo, para verificar o nivel no que se atopa matriculado o alumno solicitante durante o curso 2017/2018.

  • Copia do DNI do alumno ou copia do Libro de familia, para verificar a data de nacemento do alumno solicitante.

  • Copia do DNI dos titores legais.

  • Copia da tarxeta sanitaria do alumno.

  • Unha fotografía tamaño carnet en cor.

  • Volante de empadroamento no Concello de Bergondo, para verificar a residencia na zona de escolarización que lle corresponde.

 

  • No caso de separación ou divorcio, a solicitude de admisión deberá estar asinada por ambos proxenitores e deben achegar copia da resolución xudicial, ou do convenio regulador (excepto nos casos de violencia de xénero, aínda que deberán aportar documentación xustificativa da dita circunstancia), agás que a patria potestade estea atribuída a un deles. Nestes casos, será necesario presentar a resolución xudicial correspondente (excepto nos casos de violencia de xénero, aínda que deberán aportar documentación xustificativa da circunstancia de violencia)

 

 

Lembrámosllesás familias que logo de reservar praza, si estaban matriculados no centro adscrito de Educación infantil CRA de Bergondo (prazo do 1 ao 15 de febreiro de 2018) ou si veñen de solicitar praza, ao trasladarse dende un centro educativo non adscrito ou situado fora de Bergondo (prazo do 1 ao 20 de marzo), deberán verificar que aparecen admitidos nas listaxes que se publicaran entre o 25 de abril e o 15 de maio. No caso de estar admitidos deberán formalizar a matrícula nos seguintes prazos:

 

  • Educación Primaria (1º a 6º curso) do 20 ao 30 de xuño

  • Educación Secundaria (1º a 4º curso) do 25 de xuño ao 10 de xullo

  • Educación Secundaria, con materias suspensas, antes do 10 de setembro (indicaranse as datas concretas máis adiante).

 

  Impreso de solicitude de admisión 



event | by Dr. Radut