Fondo solidario 2018/2019
Convocatoria 2018-2019
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
LISTAXE de LIBROS DE PRÉSTAMO para SECUNDARIA
LISTAXE de excluídos de SECUNDARIA
LISTAXE FINAL DE CHEQUES de MATERIAL ESCOLAR para SECUNDARIA e PRIMARIA
Nesta listaxe figuran os cheques de Secundaria que estaban pendentes de emisión, por estar convocados a examinarse na convocatoria de setembro.
Sinalar que os alumnos que repiten curso, aparecen na listaxe do seguinte curso, non na lista do curso que lles corresponde.
Figuran tanto os cheques concedidos como os excluídos.
LIBROS DE PRÉSTAMO DA EDUCACIÓN PRIMARIA (Fondo Solidario da Xunta de Galicia)
Teñan en conta, que no caso de coincidencia entre os libros de préstamo concedidos no Fondo Solidario do CPI de Cruz do Sar, cos concedidos polo Concello de Bergondo, soamente se entregará UN EXPEMPLAR dos libros coincidentes.
En relación ao préstamo dos libros, no caso de recibir en préstamo o libro de lingua estranxeira, teñan en conta que soamente se prestará o libro de texto, pero non o libro de exercicios:
- PUPIL´S BOOK (Primaria) ou CLASSBOOK (Secundaria) para lingua inglesa.
- CAHIER D´ELEVE para lingua francesa. (Educación Secundaria)
Polo que sempre deberán mercar o libro de exercicios:
- ACTIVITY BOOK (Primaria) ou WORKBOOK (Secundaria) para lingua inglesa.
- PACK CAHIER para lingua francesa. (Educación Secundaria)
CHEQUES CONCEDIDOS de MATERIAL ESCOLAR (Primaria-Secundaria) e LIBROS (1º-2º primaria)
Listaxe DEFINITIVA das solicitudes presentadas a data 22 de xuño 2018
Devolución dos libros de préstamo 2017/2018
Educación Primaria 3º/4º/5º/6º curso: Ata o 21 de xuño ao titores nas aulas.
Educación Secundaria 1º/2º/3º/4º curso: Ata o 21 de xuño na Secretaría do centro educativo. Non se entregarán aos profesores. Devolveranse incluso os libros de materias suspensas (xa que ata a data 26 de xuño non recibiran oficialmente os boletín de cualificacións). Os libros das materias suspensar poderan recollerse de novo a partir de 26 de xuño na Secretaría, achegando boletín de cualificacións, xustificativo dos libros a recoller. Logo de examinarse en setembro, serán devoltos o día 6 de setembro, día de entrega dos boletíns de cualificacións da avaliación extraordinaria.
Circulares devolución dos libros de préstamo 2017-2018
Entrega dos cheques 2018/2019 de material escolar + cheques de libros de 1º e 2º curso de Primaria
Educación Primaria: Dende o 6 de xullo
Educación Secundaria: Dende o 11 de xullo SOAMENTE para os alumnos que se matricularon por superar todas as materias en Xuño. Os pendentes de setembro poderán recoller os cheques a partir do 12 de setembro de 2018.
Listaxes dos libros de préstamo 2018/2019 (Fondo solidario):
Educación Primaria 3º/4º/5º/6º curso: Antes do 20 de xullo de 2018 no taboleiro de centro e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
Educación Secundaria 1º/2º/3º/4º curso: Entre o 11 e o 14 de setembro de 2018 no taboleiro de centro e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
OS LIBROS DE PRÉSTAMO ENTREGARANSE NAS AULAS CO INICIO DO CURSO.
OS LIBROS QUE NON APAREZAN NAS LISTAXES DEBERÁN SER ADQUIRIDOS.
NO CASO DOS LIBROS DE INGLÉS E FRANCÉS, SOAMENTE SE PRESTARÁ O LIBRO DE TEXTO, NUNCA O LIBRO DE EXERCICIOS QUE DEBERÁ SER ADQUIRIDO.
Na data 21 de maio de 2018, publicouse no Diario Oficial de Galicia, a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019.
Máis información sobre esta convocatoria en https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180521/AnuncioG0164-110518-0001_es.html
Nesta convocatoria, como novidade, a presentación preferente será telemática a través de: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B
Sinalar que para a presentación telemática, precisan dispoñer dunha identificación electrónica, DNI electrónico, Certificado dixital da FNMT ou Chave365. No caso do DNI electrónico, precisarán dun aparello lector conectado ao PC, e en calquera caso tamén precisarán dun escaner ou cámara dixital para dixitalizar a documentación a achegar ( Libro de Familia e Anexo III ). En relación coa presentación electrónica, poden obter máis información neste documento https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/fondolibros/FNDLIB_MU_ManualCidadan_v.01.17.2.pdf
No caso de desexar cumprimentar a solicitude no ordenador sin usar a aplicación FondoLibros, poden usar o seguinte documento PDF, e logo de introducir os datos, imprimirán as páxinas 1-3 e deberán asinar as casiñas das sinaturas.
A data tope de presentación das solicitudes será o venres 22 de xuño de 2018, tanto para Primaria como para Secundaria.
|
|
DOCUMENTOS:
PDF editable da solicitude para presentación presencial
Instruccións actualizadas para a presentación da solicitude
|
Instruccións presentación da solicitude
|