Eventos
Mar | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Convocatoria 2018-2019
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO 2018/2019 AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
LISTAXE de LIBROS DE PRÉSTAMO para SECUNDARIA
LISTAXE de excluídos de SECUNDARIA LISTAXE FINAL DE CHEQUES de MATERIAL ESCOLAR para SECUNDARIA e PRIMARIA Nesta listaxe figuran os cheques de Secundaria que estaban pendentes de emisión, por estar convocados a examinarse na convocatoria de setembro. Sinalar que os alumnos que repiten curso, aparecen na listaxe do seguinte curso, non na lista do curso que lles corresponde.
Figuran tanto os cheques concedidos como os excluídos.
LIBROS DE PRÉSTAMO DA EDUCACIÓN PRIMARIA (Fondo Solidario da Xunta de Galicia) Teñan en conta, que no caso de coincidencia entre os libros de préstamo concedidos no Fondo Solidario do CPI de Cruz do Sar, cos concedidos polo Concello de Bergondo, soamente se entregará UN EXPEMPLAR dos libros coincidentes.
En relación ao préstamo dos libros, no caso de recibir en préstamo o libro de lingua estranxeira, teñan en conta que soamente se prestará o libro de texto, pero non o libro de exercicios: - PUPIL´S BOOK (Primaria) ou CLASSBOOK (Secundaria) para lingua inglesa. - CAHIER D´ELEVE para lingua francesa. (Educación Secundaria)
Polo que sempre deberán mercar o libro de exercicios: - ACTIVITY BOOK (Primaria) ou WORKBOOK (Secundaria) para lingua inglesa. - PACK CAHIER para lingua francesa. (Educación Secundaria)
CHEQUES CONCEDIDOS de MATERIAL ESCOLAR (Primaria-Secundaria) e LIBROS (1º-2º primaria)
Listaxe DEFINITIVA das solicitudes presentadas a data 22 de xuño 2018
REMATADO a data 22 de xuño de 2018, o prazo de presentación de solicitudes, agora as familias, nos casos que se amosan como PENDENTES DE SUBSANACIÓN, deberán achegar a documentación que se lles solicitou (libro de familia, sinaturas no Anexo-II, etc). Así mesmo os que figuran como Excluída - Falta documentación ou validación do centro deberán achegar a declaración do IRPF ou o certificado de imputacións 2016.
A data 22 de xuño xa non quedan solicitudes por tramitar, e lamentablemente o proceso de admisión das solicitudes finalizou. As únicas solicitudes válidas son as que foron achegadas en prazo ao centro educativo.
Na listaxe os alumnos aparecen ordeados por cursos, e aparece indicado si a solicitude foi admitida (pendente de formalizar a matrícula) ou si a solicitude foi excluída.
As solicitudes que aparecen como "pendente" están aceptadas e en espera de que se formalice a matrícula.
As que se sinalan como "excluídas" poden estar excluídas por superar o tramo de renda per cápita, que para a axuda de material está establecido en 5.400€ e para o cheque de libros de 1º-2º Primaria está establecido en 9.000€. Tamén poden estar excluídas por non ter presentado a Declaración da renda, tendo obriga de facelo, ou por presentar declaracións duplicadas, ou por outros motivos, que deberan solventar coa Axencia Tributaria, nas dependencias de Betanzos ou Coruña.
Para os libros de préstamo (3º-6 Primaria e Secundaria), aínda que hai un tope de renda de 9.000€, no caso de que existan libros dispoñibles para o préstamo, os solicitantes que superen esa renda, recibiran por orde de renda os libros que queden, ata que agotar os libros dispoñibles, tendo preferencia as rendas inferiores e que se situen dentro do rango de 9.000€.
Polo momento non están concedidos cheques ou libros, o único dato que se amosa na listaxe é si a solicitude esta correctamente tramitada ou excluída.
Os cheques de material e libros de Primaria temos previsto dispoñer deles a partir do 6 de xullo, e para Secundaria (so material) a partir do 11 de xullo, sempre que o alumnado superara todas as materias en xuño.
Devolución dos libros de préstamo 2017/2018 Educación Primaria 3º/4º/5º/6º curso: Ata o 21 de xuño ao titores nas aulas. Educación Secundaria 1º/2º/3º/4º curso: Ata o 21 de xuño na Secretaría do centro educativo. Non se entregarán aos profesores. Devolveranse incluso os libros de materias suspensas (xa que ata a data 26 de xuño non recibiran oficialmente os boletín de cualificacións). Os libros das materias suspensar poderan recollerse de novo a partir de 26 de xuño na Secretaría, achegando boletín de cualificacións, xustificativo dos libros a recoller. Logo de examinarse en setembro, serán devoltos o día 6 de setembro, día de entrega dos boletíns de cualificacións da avaliación extraordinaria.
Circulares devolución dos libros de préstamo 2017-2018
Entrega dos cheques 2018/2019 de material escolar + cheques de libros de 1º e 2º curso de Primaria Educación Primaria: Dende o 6 de xullo Educación Secundaria: Dende o 11 de xullo SOAMENTE para os alumnos que se matricularon por superar todas as materias en Xuño. Os pendentes de setembro poderán recoller os cheques a partir do 12 de setembro de 2018.
Listaxes dos libros de préstamo 2018/2019 (Fondo solidario): Educación Primaria 3º/4º/5º/6º curso: Antes do 20 de xullo de 2018 no taboleiro de centro e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/ Educación Secundaria 1º/2º/3º/4º curso: Entre o 11 e o 14 de setembro de 2018 no taboleiro de centro e na páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/
OS LIBROS DE PRÉSTAMO ENTREGARANSE NAS AULAS CO INICIO DO CURSO.
Start: 22/05/2018 15:14
Horario de atención ao público durante o curso escolar Lúns a Venres: 9:10 a 14:15 * Lúns e Martes: 16:00 a 19:00 * * horarios válidos durante o curso escolar (10 setembro 2017 - 21 xuño 2018)
Horario de atención ao público no verán (22 de xuño a 23 de xullo / 1 ao 10 setembro) Lúns a Venres: 9:30 a 14:00 Correo electrónico: Secretaría: secretaria.cpi.cruz.sar@gmail.com Dirección: cpi.cruz.sar@edu.xunta.es Teléfono: 881 960 215
Start: 22/05/2018 15:39
SOLICITUDE DE PRAZA NOVO ALUMNADO - CURSO 2018 / 2019
Este proceso de admisión está destinado soamente ao novo alumnado que desexe incorporarse ao CRUZ do SAR e non proceda do centro adscrito CRA de Bergondo (Educación Infantil). Sinalar que os alumnos do CRA de Bergondo xa fixeron a reserva de praza no mes de febreiro e soamente deberán confirmar a súa intención de cursar estudos neste centro educativo, formalizando a súa matrícula no prazo do 20 ao 30 de xuño.
Todo o novo alumnado que desexe solicitar praza, deberá presentar a súa solicitude de admisión e a documentación complementaria na Secretaría do CPI de Cruz do Sar. Presentarán unha única solicitude, na que indicarán un ou varios centros, por órde de preferencia, nos que desexan solicitar praza para o alumnado solicitante. O prazo de presentación das solicitudes será do 1 ao 20 MARZO de 2018.
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
Lembrámosllesás familias que logo de reservar praza, si estaban matriculados no centro adscrito de Educación infantil CRA de Bergondo (prazo do 1 ao 15 de febreiro de 2018) ou si veñen de solicitar praza, ao trasladarse dende un centro educativo non adscrito ou situado fora de Bergondo (prazo do 1 ao 20 de marzo), deberán verificar que aparecen admitidos nas listaxes que se publicaran entre o 25 de abril e o 15 de maio. No caso de estar admitidos deberán formalizar a matrícula nos seguintes prazos:
Xa se atopan publicadas as listaxes DEFINITIVAS de admitidos para o curso 2018/2019.
Todos os alumnos solicitantes obtiveron praza.
Ao longo do mes de Xuño, remitiráselles a documentación para formalizar a matrícula, tramite que deberá ser feito por vostedes nas datas correspondentes, dependendo das ensinanzas que tiveran solicitado.
No caso de non formalizar a matrícula perderán a praza que lles foi adxudicada.
Os prazos para formalizar a matrícula son os seguintes:
A cociña
Que teñas toda a felicidade que mereces, Olga ❤️ https://www.facebook.com/apa.asmarinas/photos/a.720938514689683/2196954517088068/?type=3&theater
A cociña do CRUZ do SAR
Os menús escolares
Menús elaborados polas cociñeiras do CRUZ do SAR
Curso 2017 / 2018 Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais:
Curso 2016 / 2017 Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais:
Curso 2015 / 2016 Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais:
Curso 2014 / 2015 Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais:
Curso 2013 / 2014 Prema nos seguintes vínculos para ver os menús mensuais: |