Skip to Content

Centro

Día mundial da auga 22 de marzo

Mural dia auga elaboracion

O mércores 22 de marzo conmemoramos o día mundial da auga, traballando nas aulas con actividades de sensibilización para fomentar un consumo responsable e o alumnado de 2ºESO A elaborou un mural no que se pon de manifesto que cada pinga de auga conta. Para iso contou coa colaboración do alumnado de infantil e primaria xa que cada estudante desas estapas pintou a súa propia pinga e se foron pegando todas xuntas ao longo da mañá.

Podcast do 8M Día da Muller

Co gallo da celebración do Día da Muller, o vindeiro mércores 8 de marzo, o equipo de biblioteca do centro entrevistou na radio escolar do CPI Plurilingüe O Cruce a dúas mulleres de Cerceda: María e Marta de edades diferentes. Falaron de estudos, traballo, sociedade no seu conxunto... reflexionando sobre os tempos de antes e os de agora no día a día das mulleres, esperamos que vos guste e que sirva como punto de partida de bos debates o podcast que elaboraron e que compartimos a continuación:

Grazas ao equipo de biblioteca polo seu traballo e a Marta e María por visitar a nosa radio e por compartir con nós as súas vivencias.

Dispoñibles para descarga os datos da nosa estación meteorolóxica

A estación meteorolóxica do centro comparte os datos en tempo real na nube e podedes acceder a eles premendo nesta ligazón.

Unha vez dentro, premendo en "Ver más datos" podedes acceder a históricos diarios, semanais e menuais, representados graficamente, que permiten facer comparacións de magnitudes físicas de interese meteorolóxico de forma sinxela.

Máis información | Weather Cloud

"Ata pronto, adeus" a nosa película de Cinema en Curso

O pasado martes 21 de xuño o alumnado de 2º ESO B e as súas familias, xunto co resto da comunidade educativa, asistiron á estrea da película Ata pronto, adeus, realizada por elas e eles ao longo do curso co acompañamento do cineasta Xacio Baño, dentro do programa Cinema en Curso, programa internacional no que participan escolas de todo o mundo. O alumnado descubriu todo o traballo que implica o proceso de creación, escritura e filmación, pero tamén a emoción das experiencias familiares compartidas e a tristura de ter que descartar tantas gravacións importantes que non tiveron cabida por a limitación do tempo da película. Toda unha experiencia chea de agradecementos a todos os que colaboraron nela.

Nos seguintes enlaces pódense ver o proceso de creación da nosa película, así como o making of de todas as películas realizadas no programa, e as propias películas

https://www.cinemaencurs.org/ca/node/7789

https://bit.ly/3Nsxfb4

'Ata pronto, adeus', CPI O Cruce (Cerceda), Cinema en curso 2021-2022 from Cinema en curs on Vimeo.

PERCORRENDO GALICIA. Equipo de dinamización da lingua galega EDLG

Resultados das enquisas sobre o uso do galego no centro

No marco do proxecto de fomento do uso do galego (PFUG) e co obxectivo de analizar a situación sociolingüística do centro, o equipo de dinamización da lingua galega (EDLG) elaborou unhas enquisas que contaron coa participación de alumnado, familias e profesorado da comunidade educativa e das cales achegamos os resultados no ficheiro adxunto.

Vídeo Samaín 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut