Skip to Content

Complementarias

Alumnado de 2º ESO participa na Spring Week

25 alumnas e alumnos de 2º ESO participaron na semana do 29 de abril ao 3 de maio de 2024 na Spring Week en Mondariz. O programa contribue ao desenvolvemento da competencia plurilingüe por ser unha semana de inmersión lingüística en inglés, pero tamén traballa aspectos como hábitos de vida saúdables, responsabilidade medioambiental, respecto á diversidade, etc. a través de actividades deportivas no contexto da natureza e a convivencia con alumnado e profesorado doutros seis centros educativos do mesmo nivel.

Actividades para unha "Mobilidade segura e saudable" co alumnado de ESO

aesleme

Ao longo do mes de novembro, no marco da campaña de MOBILIDADE SEGURA E SAUDABLE, o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO asistiu a unha charla “PODE PASARCHE” impartida por un compañeiro de AESLEME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal). A charla constou das seguintes partes: Factores de risco, medidas preventivas, actuación en caso de accidente e consecuencias dos accidentes.

No caso do grupo de 4º da ESO, a charla “SE CONTROLAS VOLVES” centrouse en que o alumnado coñeza os efectos do consumo de alcol e drogas, traballar a presión grupal para que aprendan a dicir NON e o fomento do condutor alternativo cando saen e teñen que coller algún vehículo para volver a casa.

A finalidade deste programa de prevención é que os rapaces e as rapazas do centro coñezan de primeira man os riscos e as consecuencias dalgunhas condutas imprudentes.

25N O CPI O Cruce contra a violencia de xénero

Alumnado de 1º ESO participa esta semana na Digitalweek

Entre os días 30 de outubro e 5 de novembro, alumnado de 1º ESO do CPI Plurilingüe O Cruce participa en Gandarío no programa de inmersión lingüística, mediante o desenvolvemento de actividades dixitais, da CCEFPU Digitalweek

Viaxe a Bélxica de 2º ESO maio 2022 no marco do proxecto Erasmus+ DLAB

De Cerceda ao Parlamento Europeo. O Cruce na CRTVG

Como sabedes a iniciativa do alumnado de 4º ESO para que as linguas cooficiais, catalán, euskera e galego, sexan recoñecidas como tales no Parlamento Europeo tivo moita repercusión mediática nestes días e moitos apoios traducidos en xa máis de 3000 sinaturas en Change.org.

Moitos foron os medios, de prensa escrita e de radio, que se fixeron eco da proposta e tamén a CRTVG veu ao centro a gravar unha reportaxe para saber máis do papel de alumnas e alumnos como embaixadoras e embaixadores do Parlamento Europeo e da iniciativa das linguas cooficiais en particular.  Podedes ver o vídeo completo premendo na imaxe sobre estas liñas.

Parabéns nenas e nenos, bo traballo!

Portfolio

Portofio

Distribuir contido


by Dr. Radut