Skip to Content

Novas

Novas áreas de influencia do Concello de Cerceda

De conformidade co artigo 2 do decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e da orde do 12 de marzo de 2013, emítese resolución de delimitación de áreas de influencia do concello de Cerceda:

  • O CPI O Cruce acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido nas parroquias de Cerceda, Encrobas e Meirama.

 

  • O CEIP Celso Emilio Ferreiro acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido na parroquias de Queixas, Xesteda e Rois”.

 

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o  18 de maio de 2022.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ate o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o último día, porque hai  que imprimir o PDF e presentarlo no colexio antes desa data.

Tedes toda a información no seguinte enlace

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/...

Listaxe definitiva admisión curso 2022/23

Dende hoxe 14 de maio pódese consultar as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso escolar. Para poder acceder á consulta de dita información, seguindo a lexislación vixente, poden facelo:

• Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. O horario será: de lúns a venres de 9:45 a 11:00 e de 14:20 a 15:50 horas. Non é preciso solicitar cita previa.

• Telemáticamente: A través da aplicación "admisionalumnado" empregando a Chave365 ou certificado dixital. Premendo neste enlace: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

• O prazo de formalización de matrícula para o novo alumnado será do 20 ao 30 de xuño, ambos inclusive. Informaremos, a través da páxina web, do horario de atención na secretaría do centro para a realización de dito tramite.

Viaxe a Bélxica de 2º ESO maio 2022 no marco do proxecto Erasmus+ DLAB

Proxecto DLAB Viaxe a Bélxica maio 2022

"Se o reto queres gañar, en galego tes que cociñar"

Co motivo do Día do Libro, comeza o TERCEIRO RETO do proxecto PERCORRENDO GALICIA do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Faremos un libro de receitas e para iso precisamos da vosa axuda. Hoxe, o alumnado levará para casa unha folla para escribir unha receita en GALEGO. O obxectivo da mesma é que os nenos e nenas coñezan e aprendan o vocabulario relativo á cociña (alimentos, utensilios, técnicas de cociñado, ...).

A data de entrega da receita será o vindeiro venres día 29 de abril.
Moitas gracias pola vosa colaboración!

Punto de recollida de tapóns de plástico

reciclaxe tapons

Distribuir contido


by Dr. Radut