Skip to Content

Francés

DÍA DAS CRÊPES

Como xa ven sendo tradición, O departamento de Francés celebrou un ano máis o Día das Crêpes. O alumnado participante de 2º, 3º e 4º da ESO demostrou as súas habilidades na cociña. Uns auténticos chefs! 

DELF A2 - ALIANZA FRANCESA

O pasado mes de abril 11 alumnos/as de 4º da ESO presentáronse ao Delf A2 da Alianza Francesa… e por fin acabamos de recibir os resultados.

Todos/as aprobaron… e con excelentes notas!  FÉLICITATIONS !!! 

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as catro competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

INTERCAMBIO FRANCIA 2024

Logo da visita do alumnado de Riantec (Bretaña francesa) no marco do programa de intercambio EduExchanges tocoulles ao noso alumnado cercedense devolverlles a visita do 16 ao 23 de marzo 2024.

20 estudantes de 3º e 4º de ESO somerxéronse na cultura e na sociedade francesa durante 8 días descubrindo novos lugares como Vannes, Lorient... e incluso o Monte Saint-Michel en Normandía!

Desexamos que esta experiencia contribúa a súa aprendizaxe, pero tamén a forxar sólidos lazos de amizade.

Agradecemos a participación e a colaboración do alumnado e das familias neste proxecto, e tamén neste podcast, sen esquecer a Pilar e ao coordinador da Radio, Álex, pola súa axuda.

FESTIVAL DA FRANCOFONÍA (VILANOVA DE AROUSA)

O alumnado de 2º e 3º de ESO de Francés participou no XIII Festival da Francofonía celebrado o pasado 7 de maio en Vilanova de Arousa.

Preto de 2000 estudantes de 22 centros de toda Galicia reuníronse nunha nova edición co obxectivo de fomentar o intercambio e a aprendizaxe práctica da lingua francesa.

Máis información | La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa

 

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO E CULTURAL – BRETAÑA (FRANCIA) 2023/2024

 

Do venres 16 ao venres 23 de febreiro 2024, o CPI O Cruce acolleu a 20 alumnos franceses de Riantec (na Bretaña francesa) e as súas respectivas profesoras.

A través do programa EduExchanges, os alumnos franceses viñeron a coñecer a seus amigos de 3º e 4º da ESO, cos que realizan intercambios regulares dende fai varios meses, aloxándose nas súas respectivas casas. Asistiron ás clases e ás distintas actividades que lles preparamos no colexio: experimentos, gravación dun podcast e incluso celebración do día de Rosalía de Castro no Auditorio. Ademais descubriron todos xuntos algúns dos atractivos turísticos da nosa provincia visitando as cidades de Santiago de Compostela e da Coruña.

Este proxecto non só busca fortalecer as habilidades lingüísticas dos nosos estudantes, senón tamén fomentar a comprensión intercultural e a apreciación mutua. Confiamos en que esta experiencia contribuirá de maneira significativa ao desenrolo persoal e académico do noso alumnado.

Dentro dunhas semanas devolverémoslles a visita... À bientôt!

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL - 1º ESO

DELF A2

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

Este ano presentáronse 8 alumnos de 4º ESO para a obtención do diploma... e tod@s aprobaron!

FÉLICITATIONS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut