Skip to Content

Participamos no recoñecemento aos centros educativos con acreditación Erasmus+

O pasado martes 21 de maio participamos xunto con outros 63 centros educativos no acto de recoñecemento da acreditación Erasmus+ organizado pola Xunta de Galicia. 

No curso 2023/24 no marco da nosa acreditación recibimos un experto en metodoloxías innovadoras e gamificación de Chequia, acollimos profesorado en jobshadow de Italia, Portugal, Suecia e Rumanía. Viaxamos con alumnado a Milán (4º ESO) e Peniche (3º ESO), profesorado do noso centro fixo jobshadow en Navodari (Rumanía), Milán (Italia) e Trancoso (Portugal), sumado á asistencia a cursos de formación e viaxes preparatorias para organizar intercambios de alumnado de cara ao vindeiro curso.

Máis información | Xunta de Galicia



story | by Dr. Radut