Skip to Content

Día internacional dos bosques 21 de marzo

Alumnado 2ºA recollida de lixo

O martes 21 de marzo de 2023 conmemoramos o día internacional dos bosques cunha recollida de lixo en espazos naturais na contorna do centro. O alumnado de 2ºA que traballa neste curso na conmemoración das datas máis sinaladas da axenda verde planificou e desenvolveu a actividade.

No seu percorrido en pouco máis de 15 minutos recolleron uns 5 kg de lixo, nomeadamente plásticos, que despois clasificaron coa axuda da aplicación de ciencia cidadá eLitter. Atoparon máscaras, envases, pezas de plástico difíciles de identificar, pero tamén roupa, compoñentes eléctricos ou pezas de menaxe de cociña... Poñendo así de manifesto a importancia de reflexionar sobre a cantidade de lixo que xeneramos, a xestión que facemos do mesmo e o terrible de convertir espazos naturais do noso planeta nun basureiro.

 

 



story | by Dr. Radut