AXUDAS COMPLEMENTARIAS DE MATERIAL ESCOLAR
Atendendo ao regulado na Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022:
- Todas as persoas beneficiarias do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€.
- Este vale deberá empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.
- No suposto de extravío pola familia ou pola libraría, o centro nunca pode expedir un duplicado.
- A persoa que acuda ao centro a recoller o vale debe de ser a mesma que realizou a solicitude. Non caso de non poder asistir, deberá de autorizar a outra persoa maior de idade, que presentará no centro dita autorización xunto co seu DNI.
- Poden recoller o vale a partir de mañá martes 18 de outubro