Recoñecemento para alumnado do CPI O Cruce no marco do concurso "Atrévete a ter unha idea"
En "La Voz de Galicia" facíanse eco esta fin de semana do recoñecemento a estudantes do CPI O Cruce no concurso "Atrévete a ter unha idea", do Plan de Emprendemento "eduemprende".
Moitos parabéns a Mario Porrúa, de quinto de primaria, por «DeAppmorzo»; a Aroa Gómez, de sexto de primaria, por «Comida para nenos»; a Christian Mareque, de primeiro da ESO, por «Rewater» e a Inés Cagiao, de segundo da ESO, por «Carrito de la compra inteligente».
E agradecemento ao Centro Integrado de Formación Profesional Someso e á Asociación de Empresarios do Polígono de Sabón (Arteixo) que colaboraron connosco neste programa.
Máis info | La Voz de Galicia e CEUFP