slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

5ª Semana Escolar da ÁRBORE e da AUGA

Con motivo da celebración da 5ª Semana Escolar da ÁRBORE e da AUGA, a Deputación de Lugo trouxonos uns castiñeiros para plantar e coidar.

Puxémoslles nomes, os de Infantil e 1º de Primaria chamámoslle Castañita, os de 2º-3º-4º de Primaria chamáronlle Sole, os de 5º e 6º de Primaria plantaron dous: Guacaso e Chismosa e os da ESO déronlle o nome de Melocotoni.

Sacamos moitas fotos, AQUÍ ESTÁN!!

Ademáis, temos que estamos de celebración!!!!É o 10º Aniversario da Reserva da Biosfera dos Ancares lucenses e montes de Navia, Cervantes e Becerreá.

Hai dez anos, o 27 de outubro de 2006, o Comité MaB da UNESCO declarou Reserva da Biosfera a zona dos Ancares lucenses e os montes de Navia, Cervantes e Becerreá, a petición da Deputación de Lugo.

A superficie da Reserva é de 53.664 hectáreas, o que supón aproximadamente un 6% da superficie da pro9vincia de Lugo. A poboación permanente é de case cinco mil habitantes e a estacional máxima alcanza unhas dez mil persoas.

O espazo natural protexido inclúe os municipios de Navia, Cervantes e parte de Becerreá. Está considerado como unha unidade da gran Reserva do Cantábrico.

A zona dos Ancares ten un grande interese desde o punto de vista bioxeográfico, xa que actúa como límite natural entre o extremo suroccidental da rexión eurosiberiana e a rexión mediterránea, circunstancia que propicia a convivencia entre especies de orixe setentrional e mediterráneas ou atlántico-mediterráneas.

Abondan as masas forestais de carballo e bidueiro, capu8dre, pradairo, teixo e xardón. Destaca o aciñeiral de Cruzul polo seu alto valor bioxeográfico. As uceiras e piorneiras son as formacións de matogueiras dominantes. Outro tipo de hábitat máis restrinxido é o formado por pastizais e áreas de matogueiras subalpinas e turbeiras de alvéolo.

A práctica da agriculturas xerou un medio axeitado para o desenvolvemento de especies, entre as que ocupa un lugar preeminente o gando vacún. Conta cunha comunidade diversificada de vertebrados, algúns deles en perigo de extinción, como son o oso pardo e a pita do monte.

Mantense un amplo equilibrio agrosilvopastoral, ao tempo que o illamento xeográfico e a complexidade orográfica (1.600 mestros de desnivel entre os 300 da cunca do río Navia e os 1.935 do pico Mustallar), favoreceron a persistencia dun medio natural ben conservado.

Cando comezamos esta nova aventura!!

Dende Infantil queremos estrear a páxina web do noso centro cunha foto de comezo do curso 2015/2016!!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer