slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Día da PAZ 2018

Un mural moi especial, "Camiñando cara á PAZ", feito polos nenos e nenas de Infantil e Primaria para un día moi especial!

 

Festival Nadal 2017

Bea e Pablo

 

Infantil e 1º de primaria

 

1º e 3º ESO 

 

2º ESO 

 

Alba, Miriam, Jenni e Bea

 

Sara, Isa e Patri

Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade

O 3 de Decembro foi o Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade. Este ano participamos no proxecto "Está ben ser diferentes", unha actividade cooperativa, na que participamos un total de 30 centors e organizada polo CEIP de Cervo, CEE María Mariño (A Coruña) e CEIP Condesa do Pazo da Mercé (As Neves).

Aquí temos o resultado final, quedaron estupendos!!

 

Unha de cine con Oliver Laxe!

Hoxe tivemos a primeira sesión do taller de cine que imos levar a cabo ao longo deste curso. O cineasta Oliver Laxe compartiu connosco as súas experiencias, anécdotas e truquiños que se empregan neste misterioso mundo!

Nesta sesión fixemos unha chuvia de ideas e opinións e comezamos a planificar a nosa curtometraxe.

Moitas grazas Oliver!!!Foi un día estupendo e estamos desexando que chegue a próxima sesión!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

GALERÍA DE FOTOS

Magosto 2017 no Courel

Este ano tocounos comer as catañas asadas no Courel!!Sempre o pasamos xenial cando visitamos ós nosos amigos e amigas das montañas veciñas!

Ademáis de celebrar o Magosto, fixemos un montón de actividades e xogos que podeder ver neste video!

 

Facemos o noso HERBARIO...

Coa chegada do Outono sempre nos gusta investigar ó redor do noso cole os cambios na paisaxe das nosas montañas.

Este ano, coa axuda de Javier saímos a identificar as árbores autóctonas que temos preto da escola e trouxémonos unha folla de cada especie para deixala plasmada nun herbario. Deste xeito cando teñamos problemas para identificar algunha árbore xa sabemos onde consultar!!

FOTOS!!

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

 

Proxecto MEL

Para comezar o curso endulzándonos un pouco, tivemos a visita de dous expertos en apicultura, María e Israel.

Ó longo de toda unha maña, ensináronnos distintos produtos das colmeas, logo realizamos unha cata de produtos apícolas e finalmente realizamos unha auténtica demostración de extracción de mel, pole e própole. Estivo xenial. Moitas grazas!

FOTOS DA XORNADA

Resultado de imagen de dibujo abeja

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer