Benvidos ó CPI de Cervantes!
Curso 2024/2025
Torneos de bádminton
Onte e hoxe tivemos festa deportiva! Torneos de bádminton en Primaria e na ESO!
Parabéns a todo o alumnado participante, e o noso agradecemento a todos os colexios e institutos que se achegaron ao noso cole para compartir esta xornada de convivencia!
SAMAÍN 2024
No seguinte enlace podedes ver un vídeo recordo da xornada:
https://www.canva.com/design/DAGVI8QsvQo/oGkBpt8EQGL9sqfK_goS_w/watch?ut...
Horario de outubro a maio
Bo día, a partir do día 1 de outubro, o horario do centro pasará a ser de 10 a 16:15 h.
Día europeo das linguas
No noso cole lembramos no Día Europeo das Linguas o fermosa que é a nosa lingua, o galego!
Sandra Lodi & Chichi Campos no CPI de Cervantes- Día da Ilustración
A ilustradora Sandra Lodi debuxou nunha das paredes do CPI de Cervantes esta fermosa viñeta: o lapis do humor.
Un bo producto e unha boa mensaxe!!
Moitas grazas Sandra, ata outra!
PROTEXE AOS ANIMAIS!
Neste curso o noso cole articipou no proxecta "Protexe aos animais!". A profe Rocío encargouse de coordinalo e fíxonos un vídeo resumo de todo o traballo realizado. Canto aprendemos!
Himno Xogos Cervantegos 2024
Por se este verán vos aburrides, aquí vos deixamos o himno dos Xogos Cervantegos para que cantedes pola casa á hora da sesta. Na gravación participou todo o alumnado e pasamos un rato divertido. A ver se recoñecedes todas as voces!
Caracol e caracola
Caracol e caracola é o título dun libro da editorial OQO. Fixemos esta adaptación do libro dentro do programa Nós tamén creamos! empregando a técnica do stopmotion, que consiste en mover as figuras pouquiño a pouco á vez que se fan fotos de cada movemento. Antes tivemos que facer as figuras e o decorado, diso encargouse o alumnado de 5º e 6º.Despois engadimos efectos sonoros e diálogos (E.Infantil e 1º). É curtiño pero seguro que vos gusta!