slideshow 1 slideshow 2 slideshow 3 slideshow 4 slideshow 5 slideshow 6 slideshow 7 slideshow 8 slideshow 9 slideshow 10 slideshow 11

Recital poético polo Día de Rosalía

O Departamento de Dinamización Lingüística conmemorou o Día de Rosalía cun recital poético.

 

Torneo de pimpón

Nesta semana tivemos a segunda xornada deportiva e de convivencia deste curso, no IES de Becerreá.

Parabéns ao alumnado de Primaria e da ESO polos logros e a participación nesta actividade!

E moitas grazas ao profesorado e á Xogade pola organización!

 

 

ENTROIDO 24

"O entroido a Cervantes chegou,

e todo o colexio moito trouleou!

Aquí tedes un bo resumo,

perdoade polo rebumbio!

Pasámolo de marabilla,

grazas a todos e a todas,

polas risas, os doces, o humor e a compañía!"

 

Festival de Nadal no CPI de Cervantes

Os Tipos Raros pasaron coma cada ano por Cervantes. Non sei se tanto agasallo collerá debaixo das árbores de tan bos que son estes rapaces.

Como di un sabio "Compartir es vivir", aí o deixo.

Bo Nadal!

 

 

Xornada de astronomía e programa especial en Radio Castaña.

Ola! Hoxe día 24 de outubro, a partir das 19:00 horas e ata as 00:30 h teremos no CPi de Cervantes unha xornada de astronomía. Unha fronte con nubes e choiva acampou no patio do cole, así que astros non sei se veremos moitos...

Ás 22:00 faremos un programa especial de radio a través da nosa emisora Radio Castaña. Picade na castaña, estamos no tempo, de abaixo para escoitalo. Se estades atent@s poderedes levar algunha sorpresa!

Ata despois!

Escoita o programa picando aquí.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer