Día Internacional Das Persoas Con Discapacidade
Os nenos e nenas do CEE INFANTA ELENA de Monforte invitáronnos a formar parte dun MannequinChallenge para celebrar o Día Internacional Das persoas Con Discapacidade!!Pero non fumos os únicos!
Participaron: CEIP MATO VIZOSO DE VILALBA, CEIP DE O VICEDO, CEIP DE LUINTRA, COLEXIO DE A GUDIÑA, IES ALFREDO BRAÑAS DE CARBALLO, CEIP DE MONFORTE, CEIP A GÁNDARA DE MONFORTE, CEIP DE CERVO, CPI DE CERVANTES E CEE INFANTA ELENA.
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
O 25 de novembro fixemos no cole laciños con la e un corazón xigante coas nosas mans...no video podedes ver un pequeno resumo do día, pero sobre todo comprobar o moito que nos queremos e respecto que nos temos todos.
TODOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO!!
Xornada de XOGOS POPULARES!!
Aquí vos deixamos un pequeno video que resume o ben que o pasamos neste día de xogos populares e degustación de postres otoñais!
Samaín
O terror apoderouse dos nenos e nenas de San Román de Cervantes. Disfrazámonos e fixemos un taller de maquillaxe terrorífica!!Ademáis entregamos os premios do concurso de cabazas e do concurso literario Samaín 2016.
Na Galería podedes ver todas as FOTOS!
Gañadores do "Concurso de cabazas Samaín 2016":
Infantil e 1º ciclo de primaria: ISABEL OROZCO CALVETE
2º ciclo de primaria: DAVID PÉREZ DIGÓN
3º ciclo de primaria: UXÍA RODRÍGUEZ PÉREZ
ESO: PABLO PARDO CARBALLO
Gañadores por categorías do Concurso literario de Samaín 2016:
Debuxo infantil: SANDRA FERNÁNDEZ GÓMEZ
Infantil: AINARA RODRÍGUEZ PÉREZ "As cabazas cobran vida no colexio"
2º de primaria: MARIO TRABADO NÚÑEZ "O colexio encantado"
3º e 4º de primaria:
-1º premio: NATALIA MÉNDEZ TRABADO "A morte espantosa"
-2º premio: UXÍA PARDO CARBALLO "A morte e a bruxa"
5º e 6º de primaria:
-1º premio: SANTIAGO ALONSO LÓPEZ "Os zombies terroríficos"
-2º premio: CARLOS COMUÑAS GARCÍA "O que mal anda mal acaba"
ESO:
-1º premio: IAGO GÓMEZ MOURIZ "Abuelo"
-2º premio: ANDREA LÓPEZ AMIGO "El accidente"
Magosto no Courel
Este ano celebramos O Magosto e o Samaín cos nenos do CPI Poeta Uxío Novoneyra. Pasamolo xeniaaaaal!!!!
O Outono en Cervantes!!
Chegou o outono a San Román de Cervantes!!!En Infantil e 2º de Primaria este ano fixemos o outono no Castelo de Doiras!!Ademáis uns bechos moi raros andan a argallar polo noso concello, parecn a donicela e o armiño!!Serán ou non serán????
Excursión de fin de curso a Asturias da ESO
Os alumnos da ESO viaxaron co CPI Poeta Uxío Novoneyra do Courel a Asturias e ás covas de Valporquero en León.
Fin De Curso: El Cocodriloooo
Os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º de primaria quixemos despedir o curso 2015/2016 do xeito máis divertidooooo!!!
Fin De Curso: A Osa Pepa e a Pita Choca Chicaleta
Aquí deixamos a gran actuación de fin de curso dos máis pequeniños do colexio!!!!
A obra de teatro é unha adaptación dun conto inventado ó longo do curso por eles mesmos!!
Tiro con arco
Os nenos e nenas de Cervantes xogamos a ser Robin Hood!!!Alfonso Fernández Villamiel deunos unhas clases de tiro con arco. Gustounos moito!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- seguinte ›
- última »