Historia |
O centro, como colexio de E.X.B. inaugurouse no ano 1974, onde estaban as aulas de 1º a 8º de E.X.B. e o comedor escolar. No ano 1999 engadíuselle outro edificio onde actualmente están as dependencias administrativas, a sala de profesores, ximnasio, as aulas específicas e a biblioteca. Asemade, un edificio anexo, practicamente integrado no principal, alberga as aulas de infantil, a de apoio a alumnos de primaria con dificultades e a de audición e linguaxe. A carón dos edificios hai unha pista de tenis, inaugurada a finais dos anos 70, un patio de randeeiras e xogos infantís, dous patios de xogos con porterías de fútbol-sala e canastras de baloncesto e unha pista de balonvolea. No edificio próximo está o polideportivo municipal, que utilizan os alumnos do colexio en horario lectivo, e unha pista descuberta con duchas, vestiarios e xardín, que funciona en época estival. O recinto escolar está totalmente pechado cun aramado. O acceso está protexido por un portón automático con vídeo-porteiro para a entrada de vehículos e un portal peonil, tamén automatizado.
|
|||
O deseño do logotipo do noso centro educativo está inspirado en Diego Antonio Cernadas de Castro, quen lle dá nome a este CPI, polo seu labor como cura de Fruíme, pero sobre todo porque foi un grande defensor da cultura, do pobo e da lingua galega nas obras tanto en prosa como en verso, e tanto en galego como castelán.
|
||||
No mes de maio de 2016 déronse a coñecer os gañadores do Concurso de Deseño de Logotipo para o CPI Cernadas de Castro. As votacións do xurado deron como resultado que os traballos merecedores dos premios fosen os que seguen: - 3º Premio: Pablo Rodríguez Freire, de 4º A de ESO - 2º Premio: Alicia Mariño Domínguez, de 6ºA de Primaria - 1º Premio: Claudia Figueira Caamaño, de 4º A de ESO Así pois, o CPI Cernadas de Castro adoptará o traballo gañador como imaxe que representa ao centro educativo e irá incorporándoa progresivamente en todos os ámbitos e soportes que se estimen necesarios. Fai clic na primeira imaxe para acceder á galería de fotos da entrega de premios. Fai clic na segunda imaxe para acceder á galería de fotos da exposición de logos.
|
|||||