Neste enlace de aprendomusica.com atoparedes unha serie de melodías que debes escoitar para logo colocarlles os acentos a aquelas figuras musicais que se pronuncian con maior forza, tendo en conta os tempos fortes e débiles de cada tipo de compás. Para músicos expertos coma vós será moi sinxelo!! Animádevos a probar!!!
Clicade na imaxe para facer os exercicios de repaso desta unidade (aprendomusica.com). Veredes que sinxeliños son...
Estes exercicios de aprendomusica.com son de repaso dos contidos máis básicos de Linguaxe Musical, que estudiamos nos temas anteriores. Adiviñaredes as catro preguntas???
Os rapaces e rapazas de 5ºA e 5ºB están aprendendo a tocar na frauta a canción dos Picapedra. Pedro Picapedra e Pablo Mármore son os protagonistas desta serie de debuxos animados cunha das Bandas Sonoras máis famosas de todos os tempos.
Foron creados por William Hanna e Joseph Barbera no ano 1960 e leváronse ao cine en dúas películas: Los Picapiedra en 1994 e Los Picapiedra en Viva Rock Vegas no ano 2000.
Nesta entrada déixovos un enlace á partitura e un vídeo no que podedes escoitar a canción. Veredes que é moi sinxela. Ánimo e mans á obra!
Repasamos contidos básicos da linguaxe musical | hai 9 anos 25 semanas |
EXERCICIOS DE REPASO DOS COMPASES | hai 9 anos 25 semanas |
musicoteca.es | hai 9 anos 25 semanas |
APUNTAMENTOS "OS COMPASES" | hai 9 anos 25 semanas |
IMOS PRACTICAR AGORA COS ACENTOS | hai 9 anos 25 semanas |