Infantil B |
Iniciamos o curso coa liña da mellora de coñecementos para acadar a excelencia dentro do ContratoPrograma, co obxectivo de afianzar as destrezas lóxica matemática do noso alumnado con ferramentas tecnóxicas como os Ipads e diferentes xogos na rede. Nun primeiro momento, será un grupo reducido de nenos/as que adoptarán o rol de "experto". Unha vez que sexan hábiles no uso desta ferramenta pasarán a ser os "mestres" outro compañeiro/a da clase e terán que trasmitir todo o aprendido.
|
|||
Seguimos xogando cos Escornabots, na primeira foto o xogo das Carreiras e na segunda foto o xogo das Cores. |
|||
O alumnado de Infantil B fixeron fronte a este reto: entre todos formar o percorrido que vemos na imaxe da tarxeta 1 e logo xogar, cunha consigna clara, todos tiña que participar, chegar a conclusións consensuadas. A primeria ver que fixeron o RETO foi xenial, case sen discursións entre eles, coas ideas claras. A segunda moito mellor. |
|||
O alumnado de Infantil B, todo o primeiro trimestre e parte do segundo estamos traballando nun obradoiro de robótica, de unha sesión á semana (sábelles a pouco). Antes de iniciar as actividades programadas, realiamos diferentes xogos simulando que éramos robots, un compañeiro/a o era e nós o programador, cunha chuvia de ideas establecimos que entendemos por robots, robótica. Presentei dous modelos diferentes o Escornabots, que ten actividades enfocadas a lectroescritura, matemática, lóxica... e Blue Mouse está máis enfocado a programar un percorrido e facelo. |
|||
|
|||
Mirade que guapísimos estamos disfrazados de vacas. Foi un entroido raro porque de 16 que somos faltaban 5, así que Ana era mellor que se disfrazase de veterinario e non de gandeira. Pasámolo moi ben e fartámonos de comer filloas e orellas. Estaban riquísimas! |
|||
Este ano para conmemorar o día da Paz decidimos facer unha receita. Tivemos que pensar moito porque ao principio non tiñamos claro que era eso da Paz. Primeiro pensabamos que a Paz era o mesmo que a tranquilidade e non é ningún erro, porque ás veces utilizamos esa expresión de, "déixame en paz", cando queremos que non nos molesten. |
|||
Difernciar o fondo da forma pode resultar estéticamente interesante. Nestes debuxos podedes ver como somos quen (case que todos) de facer resaltar a imaxe do fondo de forma sinxela |
|||