Actividades |
|
|||
A Biblioteca e o Departamento de Lingua e Literatura Galega organizaron unha saída para todo o alumnado da ESO. @s alumn@s asistiron á representación de Cousas a cargo do grupo de teatro Os Quinquilláns. Na aula leron o libro de Castelao no que está baseada a representación.
|
|||
O próximo venres 29 de abril comezará o Torneo de Tenis CPI Cernadas de Castro 2016, que terá lugar na pista exterior do centro. Haberá dúas modalidades, individual e dobres. Estará aberto para todo o alumnado de ESO. Os delegados e delegadas dos distintos grupos dispoñen xa das follas de inscrición. De todos os xeitos, deixamos como adxuntos copias das dúas follas por se fora necesario. O cadro de participantes e os resultados iranse actualizando semanalmente nesta páxina web. |
|||
A partir deste curso, deberedes clicar no seguinte enderezo e así teredes acceso ao Blog da Silva; alí aparecerán todas as actividades realizadas polo EDL, así como páxinas, novidades e todo tipo de entradas que xirarán arredor da nosa lingua, da nosa literatura e da nosa cultura en xeral.
|
|||
O pasado 9 de novembro celebramos no colexio un Magosto moi divertido; comemos castañas e xogamos a xogos populares. |
|||
Xa temos gañadores!!!!! Traballastes arreo nesta última parte do curso e conseguimos elaborar unhas fermosísimas RIMAS MARIÑEIRAS, tendo sempre en conta a defensa do noso ben máis preciado: a lingua.
Logo montamos as rimas gañadores enriba de fotografías dos traballos realizados sobre o mar durante o curso. Mirade para aí:
Parabéns aos cinco: Manuel, Mariña, Miriam, Nerea e Uxía. Na vindeira semana, repartiremos os adhesivos coas vosas rimas a todo o alumnado do centro.
|
|||||||
|
|||
Onte, 5 de maio, recibimos a visita do escritor e docente Manuel Lourenzo que veu falarnos dos seus dous libros, Irmán do vento e Flor de area, que lemos en 3º e 4º ESO. |
|||