O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07.
Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet.
Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos.
Despedímonos ao modo Stat Wars:
Que a forza dos datos vos acompañe!