Seccións bilingües |
O pasado día 17 de novembro os alumnos de 3º e 4º de ESO acompañados dos profesores Pilar Cobas Cajuso e Iván Folgueira Pérez acudiron á actividade Stat Wars, o despertar dos datos que se celebrou no Teatro Principal de Santiago de Compostela. A idea da actividade era que os alumnos comprendesen un pouco mellor que é iso do Big Data e tamén coñecer os perigos que supón a cesión dos nosos datos ás redes sociais. Ademáis disto houbo unha parte lúdica cun par de concursos de preguntas e respostas. No primeiro deles participou o alumno de 4º de ESO Yeray Martínez Abeijón, como podedes ver nesta ligazón a partir do minuto 1:07.
Na mesma ligazón podedes ver a segunda parte na que participaron os alumnos Marc Carnota Castaño, Saúl Caldas Rodríguez, Mateo Muñíz, Lorenzo Pouso Luaces e Alejandro Moledo León. Se vos desprazades no vídeo ata o minuto 1:37, poderedes ver a parte final dese concurso na que Alejandro se convertiu en gañador e recibiu como premio unha tablet. Importante salientar o interesante que resultou a actividade é a boa actitude e resposta por parte de todos os nosos alumnos. Despedímonos ao modo Stat Wars: Que a forza dos datos vos acompañe!
|
|||
Unha sección bilingüe é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística, que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea. O proxecto de sección bilingüe inclúese no Proxecto Lingüístico do centro, que recolle todas as accións que se desenvolven no centro con respecto a todas as linguas, tanto ambientais como estranxeiras. |
|||
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a formación do noso alumnado nas linguas estranxeiras europeas dado que a comunicación nunha lingua estranxeira é moi importante na nosa sociedade. As chamadas seccións bilingües traballan neste sentido para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado galego. Teñen como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en galego/castelán e unha lingua estranxeira. A organización das mesmas está regulada pola Orde do 10 de xuño de 2005, DOG do 24 de xuño. O CPI Cernadas de Castro, como vén facendo dende o ano 2005, está a ofertar seccións bilingües. O centro ofrécelle a posibilidade ó alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO de cursar diversas áreas dun xeito bilingüe, é dicir na lingua materna (galego/castelán) combinándoa coa introducción progresiva dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés. |
|||
Diccionarios |
|||
Diccionarios |
|||
|
|||
|
|||
|
|||