![]() |
![]() |
Continuando co noso traballo coa prensa, abordamos a entrevista. Logo de analizar diferentes entrevistas en La Voz de Galicia y estudar o proceso de elaboración deste tipo de texto, convertémonos en xornalistas e cada aula realizou unha entrevista. Velaquí os resultados: |
|||
Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os cabaliños de mar: onde viven, que comen, como se reproducen, quenes son os seus veciños, de quen teñen que escapar..... Aquí vos deixamos un video para que vexades como nacen. Sabiades que son os machos os que levan as crias na súa bolsa ata o seu nacemento?
|
|||
Onte, 5 de maio, recibimos a visita do escritor e docente Manuel Lourenzo que veu falarnos dos seus dous libros, Irmán do vento e Flor de area, que lemos en 3º e 4º ESO. |
|||
En 1º ESO participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia e traballamos coa prensa todos os mércores do curso. Este trimestre, ademais, dedicamos unha hora semanal a diversas actividades a partir dos diferentes tipos de texto da prensa: a publicidade, a noticia, o humor, as entrevistas, as cartas ao director... |
|||
Co gallo do día do libro @s alumn@s de 3ºA e 3ºB de Primaria o pasado luns día 27 de abril tivemos unha visita na nosa aula. Para conmemorar este día decideuse que os rapaces e rapazas de 4º, 5º e 6º lle lesen un conto aos de Infantil, 1º, 2º e 3º. Foi así, como a nosa aula chegaron @s nen@s de 5ºA. |
|||
ACTIVIDADE DO EDL Nova actividade para 3º ciclo de Primaria e todo Secundaria. Estade atentos ao que tedes que realizar: |
|||
Este é o título do concurso que se iniciou no mes de marzo no CPI Cernadas de Castro. Mes a mes, o xurado composto pola nosa conserxe María, por un alumno/a de primaria e polo profesor de Educación Plástica, Adolfo, elixen aquela aula que presenta mellor aspecto en canto á orde, limpeza, decoración,...O alumnado gañador recibe un premio, de xeito individual, polo seu traballo, esforzo e contribución á mellora das aulas. Temos que dicir que o alumnado, dirixido fundamentalmente polos seus titores e titoras,está a realizar un fantástico traballo. Por outra banda, todo o centro está volcado na procura dunha mellor convivencia. As aulas todas preparan afanosamente a súa papeleira de reciclaxe e tamén unha serie de lemas que consideran fundamentales para a convivencia nun centro educativo. Para que vos fagades unha idea aí van unhas primeiras fotos |
|||||||
A semana pasada estivemos preparando un teatro sobre o conto " A cebra Camila" para contarllo aos nen@s de infantil. Divertímonos moito preparando todo: música, caretas, roupa...
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- …
- seguinte ›
- última »
![CPI Plurilingüe Cernadas de Castro RSS Distribuir contido](/centros/cpicernadascastro/misc/feed.png)