[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

AXUDAS/FONDO LIBROS 2016. LISTAXES DEFINITVAS

No adxunto poden consultar as listaxes definitivas por curso do alumnado admitido no Fondo de libros para o curso 2016/2017.

O alumnado admitido no Fondo que apareza con menos de 4 libros concedidos, debe consultar os libros que lle serán adquiridos polo centro antes de mercar ningún libro na librería. Todos os alumnos deben adquirir o Workbook de Lingua inglesa.

As listaxes definitivas de ESO  sairán a partir do 8 de setembro de 2016.

AXUDAS/FONDO LIBROS 2016

Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2016.O prazo de reclamación rematará o 19/7/2016. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria.

Os vales para a adquisición de material e/ou libros de texto xa poden recollerse na Secretaría do centro, en horario de 9,00 h a 13,00 h., ata o 22 de xullo.

 

LISTAS DE LIBROS DE TEXTO.CURSO 2016_17

Nos arquivos adxuntos figura a relación de libros de texto e de material didáctico  para o vindeiro curso escolar 2016_17

CAMIÑADA 1º CICLO

Para rematar o curso e a maneira de despedida, todo o primeiro ciclo de Primaria decidiu facer unha camiñada dende Toxosoutos a Cabanatán. O calor apertaba, mais non decaemos e o esforzo tivo a súa recompensa.

Clicade e veredes as fotos. 

 

LISTAXES DEFINITIVAS ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Nos adxuntos poden consultar as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán.

Para máis información e prazos, poden consultar o enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016

A Consellería publicou as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente, ordenado por puntuación. Así mesmo, ofrece unha listaxe de solicitudes que necesitan remitir documentación necesaria.

Agora ábrese un prazo de dez días naturais (ata o 16 de xuño) para efectuar reclamacións ou presentar alegacións.

Poden consultar toda a información nos adxuntos.

Sesións de Geogebra

Nas últimas semanas, os alumnos de 1º ESO están a acudir á aula de informática para ter un primeiro achegamento a Geogebra. O obxectivo das sesións é que se familiaricen cos elementos básicos do plano (puntos, rectas, ángulos...) a través deste software de xeometría dinámica.

 

I FEIRA TRADICIONAL NO CPI CERNADAS DE CASTRO

Clica na imaxe e accederás a toda a información.

 

Distribuir contido