Relatos polo territorio

O alumno de 1º ESO A  do CPI Cernadas de Castro, Oscar Ortigueira Cao, ven de acadar unha mención no concurso "Relatos polo territorio" organizado por ADEGA coa obra  titulada "O Lixo". Participaban tamén neste evento  outras catro alumnas do centro.

DÍA DA PAZ

 

Chegou o día, 30 de xaneiro, e como non iamos ser menos, puxémonos todos/as a traballar; e cando dicimos todos/as, referímonos a toda a comunidade educativa. Dende Infantil ata 4º de ESO non houbo ninguén que non traballara nos distintos murais que están instalados en diferentes puntos do centro.

 

 

SEGUIMOS EXPERIMENTANDO

Seguimos experimentando na clase de Coñecemento do Medio. Esta vez puxemos en práctica diferentes procedementos para separar os compoñentes dalgunhas mesturas.

Quen se atreve a recoñecer estes procedementos nas fotos?

                                

EXPERIMENTAMOS EN COÑECEMENTO DO MEDIO

Esta semana, aproveitando o tema novo de coñecemento do medio, "A materia e os seus cambios", fixemos na aula lámpadas de lava, onde comprobamos como se separan os compoñentes dunha mestura dependendo das súas densidades.

                                                 

UN PASEO POR RIANXO

PREMA NA IMAXE PARA ACCEDER Á GALERÍA DE IMAXES DA EXCURSIÓN

A piques de rematar xa o trimestre e para relaxarnos despois de tantos exames, o alumnado de 3º e 4º ESO coordinado polo EDL fomos hoxe ata a vila veciña de Rianxo.

ACTIVIDADE DO EDL

OS NOSOS DESEXOS PARA O 2015 
 
 
 
 

Panxoliña de Nadal e photocall co Apalpador.

@s nen@s de 3º A estamos traballando arreo para preparar a panxoliña que imos representar no festival de Nadal. Como este ano temos un Proxecto Documental Integrado adicado o mar eleximos unha panxoliña titulada "Belén en el fondo del mar". Podedes ver o noso traballo no seguinte enlace:

Educación en igualdade

Hoxe os nenos e nenas de 6ºB participamos nun obradoiro organizado dende o Equipo de Orientación sobre a igualdade entre homes e mulleres. Gustonos moito e participamos con moito entusiasmo.

Distribuir contido