Iniciación á programación

Os alumnos e alumnas de 1º ESO están a ter o seu primeiro contacto coa programación a través de Scratch. Trátase dunha linguaxe de programación moi visual que permite arrastrar o código no lugar de ter que escribilo, o que fai moito máis atractivo o seu uso. Os rapaces e rapazas de de 1º ESO levan catro semanas programando unha pequena versión do xogo Pong. Nas próximas semanas subiremos a esta mesma páxina o xogo feito por algúns deles.

Fai clic en calquera das imaxes para ir á galería.

Obradoiros de papiroflexia: os alumnos como profesores

Os alumnos e alumnas de 1º ESO B, 2º ESO A e 2º ESO B levaron a cabo un obradoiro de papiroflexia cos alumnos de 5º e 6º de primaria. Depois de aprender a construir as figuras, os rapaces e rapazas de 1º ESO B ensinaron aos de 5º como facer un coello de papel, mentres que os de 2º ESO axudaron aos de 6º a facer un cubo modular.

   

Fai clic nunha das fotos para ir á galeria.

CONVOCATORIA DE VOTACIÓN DO SECTOR DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

 

 

            De acordo co procedemento establecido no punto quinto da Orde do 29 de maio de 2008, pola que establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados, convocámolos á votación do sector de nais, pais ou titores legais que terá lugar atendendo ao seguinte calendario e horario:

 

Exposición do censo de votantes:          do día 28 de abril ao 5 de maio

Período de reclamacións ao censo:        do día 6 ao 13 de maio

Sorteo dos membros da mesa:                 día 18 de maio ás 12 h.

Votación:                                                         día 27 de maio de 9,00 h a 21,00 h.

 

 

 

INFORME FAVORABLE DO SERVIZO DE TRANSPORTES

O Departamento Territorial  vén de informar como viable a xornada mixta solicitada no referente ao transporte escolar. No arquivo adxunto poden acceder ao documento.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN INFORMATIVA DO SECTOR DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

 

 

            De acordo co procedemento establecido no punto cuarto da Orde do 29 de maio de 2008, pola que establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil, colexios de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especial e centros privados concertados, convocámolos a unha reunión informativa  do sector de nais, pais ou titores legais atendendo ao seguinte horario:

 

Día: 26 de abril de 2016

Hora: 20,00h

 

XOGANDO A ENSINAR

                  O alumnado de 3º B viviu unha nova experiencia cun pequeno proxecto cos nenos e nenas de infantil A, traballamos con eles unha clase de Educación Física.

                 Fixemos pequenas postas de habilidades motrices coordinativas onde os alumnos de 3ºB tiñan que ensinarlles como se realizaban os xogos, previamente traballados en clase: organización espacial e desenvolvemento destes con práctica.

                 A través do circuito por tempos foron  pasando pouco a pouco, e todos disfrutaron de cada xogo coa axuda dos profes de 3ºB.

PREME NA FOTO PARA IR Á GALERÍA! 

 

ESPERAMOS QUE VÓS GUSTE!

 

 
   

PRESENTACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA DA ANPA ALECRÍN

A Xunta Directiva da ANPA Alecrín do CPI Cernadas de Castro vén de renovar parte dos seus membros. Achégannos unha carta de presentación a toda a comunidade educativa que podedes ver premendo no arquivo adxunto. 


A nosa benvida a esta nova Xunta directiva e  tamén as nosas grazas ás nais e pais que formaron parte da anterior  pola súa implicación e colaboración  ao longo destes ultimos cursos.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2016-2017

No arquivo adxunto poden acceder o listado provisional de alumnado para o vindeiro curso escolar 2016-2017.

Distribuir contido