![]() |
![]() |
Seguimos con Coñecemento do Medio, moito nos dá de si esta materia! No tema 8 traballamos os volcáns, e aproveitando unha maqueta que tiñamos na clase e os nosos coñecementos previos sobre as reaccións químicas, fixemos que o volcán entrase en erupción. |
|||
Que ben o pasamos facendo a Terra capa por capa! |
|||
No laboratorio do centro hai unha chea de rochas e minerais que nós non dubidamos en pedir prestados para manipular e coñecer de cerca.
|
|||||||
E xunto co entroido, o EDL tamén conmemorou a semana do amor. Baixo o lema SAN VALENTÍN NAMORADO, todo o centro amosouse moi entusiasta á hora de demostrarse amor. E cando dicirmos amor, falamos del con maiúsculas, falamos de amizade, fraternidade, cariño... É así que Infantil e Primaria fixeron un bonito mural onde temos debuxos, traballos en volume, poesías e narracións. Botádelle un ollo; nel veredes tamén a urna onde todo o alumnado de Secundaria meteu as súas cartas de amor dirixidas a todos/as os/as membros da comunidade educativa. Onte repartíronse polas aulas e foron acollidas con grande entusiasmo. E dende logo, non podedes deixar de ver o mural da portada do libro no que nos baseamos para traballar o concepto do Amor, mural que previamente xa fora aproveitado para o día da Paz. Gústanos aproveitar recursos!!!!!!!
Feliz día de San Valentín.
|
|||||||||
Á espera de que chegue o venres e poidamos gozar dos marabillosos disfraces que todo o centro leva xa unhas semanas preparando, imos caldeando o ambiente e comezamos a traer os accesorios que nos manda o noso Meco. Estade atentos ao que debedes traer cada día, pero se alguén se atopa enfermo ou falta algún día, aí vos van as coplas do Meco:
-Para quedar dunha peza, o luns trae algo na cabeza. -Se non queres acabar no cortello, o martes trae algo vermello. -Se non queres ter piollos, o mércores trae algo nos ollos. -Vale o pixama, pero o xoves trae algo co que durmas na cama.
E como este ano o noso PDI; "Alma de beiramar", convídanos a tratar o tema do mar, o centro decidiu disfrazarse de cabaliños de mar, submarinos, mergulladores, peixes.... e o noso Meco tenta dirixir tanto traballo, por iso o temos vestido de mariñeiro. |
|||
Pasapalabra: exercicio práctico co que aprendemos a definir substantivos. |
|||
O alumno de 1º ESO A do CPI Cernadas de Castro, Oscar Ortigueira Cao, ven de acadar unha mención no concurso "Relatos polo territorio" organizado por ADEGA coa obra titulada "O Lixo". Participaban tamén neste evento outras catro alumnas do centro. |
|||
Chegou o día, 30 de xaneiro, e como non iamos ser menos, puxémonos todos/as a traballar; e cando dicimos todos/as, referímonos a toda a comunidade educativa. Dende Infantil ata 4º de ESO non houbo ninguén que non traballara nos distintos murais que están instalados en diferentes puntos do centro.
|
|||||||||||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- seguinte ›
- última »
![CPI Plurilingüe Cernadas de Castro RSS Distribuir contido](/centros/cpicernadascastro/misc/feed.png)