No adxunto poden consultar as listaxes definitivas por curso do alumnado admitido no Fondo de libros para o curso 2016/2017. O alumnado admitido no Fondo que apareza con menos de 4 libros concedidos, debe consultar os libros que lle serán adquiridos polo centro antes de mercar ningún libro na librería. Todos os alumnos deben adquirir o Workbook de Lingua inglesa. As listaxes definitivas de ESO sairán a partir do 8 de setembro de 2016. |
|||
Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2016.O prazo de reclamación rematará o 19/7/2016. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria. Os vales para a adquisición de material e/ou libros de texto xa poden recollerse na Secretaría do centro, en horario de 9,00 h a 13,00 h., ata o 22 de xullo.
|
|||
Nos arquivos adxuntos figura a relación de libros de texto e de material didáctico para o vindeiro curso escolar 2016_17 |
|||
Para rematar o curso e a maneira de despedida, todo o primeiro ciclo de Primaria decidiu facer unha camiñada dende Toxosoutos a Cabanatán. O calor apertaba, mais non decaemos e o esforzo tivo a súa recompensa. Clicade e veredes as fotos.
|
|||
Nos adxuntos poden consultar as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán. Para máis información e prazos, poden consultar o enlace: https://www.edu.xunta.es/axudasle/
|
|||
A Consellería publicou as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente, ordenado por puntuación. Así mesmo, ofrece unha listaxe de solicitudes que necesitan remitir documentación necesaria. Agora ábrese un prazo de dez días naturais (ata o 16 de xuño) para efectuar reclamacións ou presentar alegacións. Poden consultar toda a información nos adxuntos. |
|||
Nas últimas semanas, os alumnos de 1º ESO están a acudir á aula de informática para ter un primeiro achegamento a Geogebra. O obxectivo das sesións é que se familiaricen cos elementos básicos do plano (puntos, rectas, ángulos...) a través deste software de xeometría dinámica.
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »