O pasado día 12 de outubro, un grupo de astrofísicos liderados por
A finalidade da visita consistiu en traerlle ao alumnado de 6º de
As nenas/os están realizando un proxecto sobre o universo e, por iso,
Deixamos unhas fotos para compartir a experiencia con todos vós.
|
|||
|
|||
|
|||
Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria. Canles de información: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 15:30 h. A entrega do vale de material entregarase a partir do 15 de setembro. |
|||
O mércores, 15 de setembro, iníciase o curso 2021/22 na etapa de ESO. O alumnado que fai uso do servizo de transporte esperará na zona correspondente do patio cuberto baixo a vixiancia de profesorado de garda. O alumnado achegado ao centro polas súas familias entrará polo portal peonil e dirixirase tamén ao patio cuberto. As familias non poderán acompañar ao alumnado dentro do recinto escolar.
|
|||
Están publicadas as listaxes provisionai de admitidos e excluídos do fondo solidario de libros de texto e as listaxes das axudas para adquirir libros de texto e material escolar para a etapa de Educación Secundaria. Canles de información: a) Non presencial: Única e exclusivamente a través da aplicación fondolibros DNI coa Chave365 ou certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre. b) Presencial: No taboleiro de anuncios da Secretaría do centro ou chamando aos teléfonos 881 866 801 / 881 866 807 en horario de mañá de 9:00 h á 15:30 h. A entrega do vale de material entregarase a partir do 15 de setembro. |
|||
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade anulou as modificacións autorizadas o curso pasado pola Xefatura Territorial por mor da crise sanitaria. Polo tanto, neste curso escolar 2021/22 os martes pola tarde a hora de saída do transporte escolar será ás 17:20 horas tras o remate das clases do alumnado de ESO. |
|||
O xoves 9 de setembro dá comezo o curso escolar 2021-22. Ese día, incorporarase o alumnado de: 4º, 5º e 6º de Educación Infantil( no caso de 4º de Educación Infantil terase en conta o horario establecido pola titora atendendo ao período de adaptación) e o alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Durante todo o curso escolar as entradas e saídas do alumnado realizaranse do seguinte xeito: O alumnado transportado de Ed. Infantil accederá ao centro acompañado do profesorado de garda. O alumnado de Ed. Infantil achegado polas familias, accederá ao centro polo portal peonil. Un dos proxenitores ou unha persoa maior de idade autorizada polos mesmos acompañará ao alumno/a polo exterior do centro, a carón do patio de infantil, ata a entrada do edificio que alberga as aulas desta etapa educativa. O alumnado transportado de Ed. Primaria accederá ao centro, nada máis baixar do autobús, pola portal principal do patio de Primaria. O alumnado de Ed. Primaria achegado polas familias, accederá polo portal peonil e entrará pola porta principal do patio de Primaria. As familias do alumnado de Ed. Primaria, á hora da entrada, non poderán acceder ao recinto escolar. As familias, polo tanto, non poden acceder ao centro agás que acompañen a alumnado de Infantil, e neste caso será un só acompañante, sexa requerida a súa presenza polo titor/a, Dirección, Orientación ou precisen realizar algún trámite administrativo para o que esperarán a que non haxa alumnado nos patios para acceder ao interior do centro e dar cumprimento así ao establecido no protocolo da Consellería de Educación e Sanidade. O primeiro día de clases, 9 de setembro, e como medida excepcional, dado o cambio de etapa, o alumnado de 1º de Primaria, entrará ás 09:30h empregando o portal peonil acompañados dun membro da súa familia e accedendo ao interior do centro pola porta principal de Primaria. Haberá profesorado que o acompañe ata a súa aula. No caso de vir no transporte, será acompañado polo profesorado ata a súa aula nada máis baixar do autobús. Haberá profesorado distribuído polos accesos para axudar e dirixir ao alumnado. Todo o alumnado, tanto o transportado como o achegado polas familias, deberá traer posta a máscara. Ademais, tal e como establece o protocolo da Consellería de Educación e Sanidade, deberán traer un estoxo, etiquetado co seu nome, e cunha máscara de reposto. Teñan en conta que no caso de que as máscaras sexan cirúrxicas deben traer unha a maiores para cambiala ás catro horas. O primeiro día o alumnado de Ed. Primaria tan só debe traer unha mochila cunha libreta e un estoxo cun bolígrafo, lapis, goma e afialapis. Non deben traer ningún libro. Será o/a titor/a quen lles indicará cal deben ir achegando co transcurso dos días. O alumnado utilizará a mesma porta de saída que de entrada ao centro. O alumnado que non vai a facer uso do servizo de transporte poderá ser recollido no centro nos seguintes horarios: 14:10 horas: se o alumnado non vai facer uso do servizo de comedor. As familias esperarán diante da porta de Infantil ou de Primaria, segundo sexa o caso, para recoller aos seus fillos/as. Será a conserxe ou o profesorado quen vaia entregado os nenos/as. 15:00 horas: tras facer uso do servizo de comedor. As familias, tanto de Infantil como de Primaria, accederán ao patio e esperarán diante da porta de Primaria e será a conserxe ou colaborador de comedor quen fará entrega deste alumnado aos pais. 15:40 horas: hora de saída dos autobuses. Neste caso, as familias, tanto do alumnado de Infantil como de Primaria, deberán esperar aos nenos/as no portal principal, sen entrar ao recinto escolar. Estes serán entregados por un profesor/a de garda. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »