|
|||
O pasado venres 14 de xuño o grupo de 3º ESO participou no Multiusos do Sar na cerimonia de entrega de premios do concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia. Parabéns ao alumnado!
|
|||
O venres 31 de maio de 2024 tivo lugar a entrega de premios ao alumnado participante na 29ª edición do Certame Literario Alberto Romasanta. Este certame organízase anualmente entre os Equipos de Dinamización Lingüística dos institutos públicos de Noia: o IES Virxe do Mar e o IES Campo de San Alberto; ademais o CPI Plurilingüe Cernadas de Castro é centro convidado a participar no mesmo, ao igual co IES Poeta Añón de Outes. Co certame búscase estimular a creatividade literaria en poesía e prosa e a expresión escrita en lingua galega entre a xente nova. Na modalidade B de poesía recibiron premio dúas alumnas de 2º ESO do noso centro, Noelia Fernández Rey, cun 2º premio e a súa compañeira, María García Grela, cun 3º premio. Parabéns a todos eles por ser finalistas e a estas dúas alumnas, especialmente, por estar entres os tres primeiros na categoría de poesía.
|
|||
Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025. Data límite para entrega de solicitudes: 21 de xuño de 2024. O procedemento está rexido pola Orde do 7 de maio (DOG 20 de maio de 2024) Formas de presentación de solicitudes:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:
Horario de atención: 9:00h a 14:00h.
|
|||
Este martes, 16 de abril, o alumnado de 1 de Ed. Primaria, 2º e 4º ESO compartía autobús rumbo a Santiago acompañados polo seu profesorado. Os máis pequenos, empezaron a mañá visitando o museo de Historia natural no que quedaron perplexos coa cantidade de insectos que viron e que descoñecían e non menos abraiados quedaron cos minerais que alí había. Como colofón, poder tocar as nutrías, aguias,... Pero non rematou aí a súa visita a Santiago, porque como verdadeiros locutores estiveron en directo no programa Voces de Santiago dirixido por Alberto González a quen lle sacaron algún que outro sorriso. Os de 2º ESO fixeron un percorrido polo casco antigo de Santiago con parada na Catedral e visita incluída ao Pórtico da Gloria. A continuación, dirixíronse cara o Museo das Peregrinacións, onde levaron cabo un percorrido polas súas tres plantas e accederon ao miradoiro na parte superior gozando así dunhas vistas de Santiago pouco comúns. Pola súa parte, o alumnado de 4º ESO iniciou a mañá no Instituto Galego de Estatística onde comprobaron de primeira man a cantidade de información que alí se manexa e a importancia de participar nas enquisas para a recollida de datos previa a calquera estudo estatístico. Pero non todo foron números, tamén houbo tempo para o arte. Así, continuaron percorrido e realizaron unha visita guiada polo Centro Galego de Arte Contemporánea onde coñeceron a obra do artista lalinense Antón Lamazares a través dunha exposición pouco corrente e da arquitectura deste impresionante edificio. |
|||
O prazo para solicitar unha beca para realizar estudos postobrigatorios o vindeiro curso escolar é do 19/03/2024 ao 10/05/2024. No seguinte enlace podes acceder á páxina de información sobre becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanzas. Accedendo a este enlace podes acceder aos pasos para a solicitude de becas de FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, facilitados no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
|
|||
|
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »