No arquivo adxunto poden consultar o alumnado que definitivamente recibe libros do Fondo solidario de libros de texto para o curso 2017/2018. En 3º e 5º EP, aos alumnos que lles corresponde un libro de "adquisición complementaria", mercarallo o centro se fose preciso. As familias deberán comparar o que reciben co listado de libros para o vindeiro curso e mercar o que cumpra. Todo o alumnado comprará o Workbook de inglés. As listaxes definitivas de ESO non sairán ata setembro, logo da avaliación extraordinaria e o correspondente período de matriculación.
|
|||
Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2017/2018. O prazo de reclamación rematará o 14/7/2016. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria.
|
|||
Nos arquivos adxuntos figuran as relacións de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2017/18. |
|||
Os alumnos de 3º ESO fixeron moitas actividades nesta excursión. Aquí tedes máis fotos. |
|||
|
|||||
En 3ºESO estudáronse as causas e consecuencias que teñen as actividades económicas na contorna próxima, neste caso no Concello de Lousame. Utilizáronse distintos mapas do Sistema de Información Xeográfica de Galicia: usos de solo e litoloxía. O alumnado realizou fotografías das distintas actividades económicas organizadas por sectores de producción desenvolvidas na contorna e que serviron para unha reflexión sobre o impacto da acción humana sobre o noso concello.
Para ver as fotografías dos sectores económicos que seleccionaron os alumnos de Lousame, preme en "Ler máis". |
|||||||
O alumnado de 2ºESO realizou unha recollida, selección, organización e presentación de información demográfica no concello de Lousame a partires de fontes de información estatísticas como o IGE e o INE. Por unha banda, analizamos os movementos naturais de poboación e calculamos distintos indicadores taxa de natalidade, taxa de mortalidade, saldo vexetativo. Por outra banda, analizamos os movementos migratorios do concello e as causas e consecuencias dos mesmos no noso contorno máis próximo. Coa axuda dunha táboa de datos elaboramos pirámides de poboación do concello de Lousame de distintas épocas que nos serviron para analizar a evolución da poboación no último século.
|
|||||||
Durante mes de xuño contamos nos corredores do noso centro coa exposición resultante da participación do Proxecto Ríos. Ao longo deste curso levamos a cabo distintas tarefas dende as áreas de Bioloxía e Xeoloxía e Xeografía e Historia. Estes son algúns dos traballos realizados: O alumnado de 2ºESO na materia de Xeografía e Historia elaborou a definición deconceptos clave de hidrografía con apoio visual de imaxes que buscaron e seleccionaron na internet. O alumnado de 3ºESO na materia de Xeografía e Historia estudou o curso, cauce e caudal do Río Pesqueira. Ademais, da localización xeográfica investigouse sobre a acción humana e as formas de aproveitamento do río. |
|||||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- …
- seguinte ›
- última »