Nos arquivos adxuntos poden consultar as listas definitivas de alumnado admitido no Fondo solidario de libros de texto da Xunta de Galicia para o curso 2018-2019. Deben comparar o lote de libros que se lles adxudicou coa lista de libros do curso correspondente por se cumprise mercar algún. |
|||
Nos arquivos adxuntos figuran as listas de libros de texto relativos ao curso 2018/2019 |
|||
Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2018/19.O prazo de reclamación rematará o 6/7/2018. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as listaxes de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria. Os vales para a adquisición de material e/ou libros de texto xa poden recollerse na Secretaría do centro, en horario de 9,00 h a 13,30 h., ata o 25 de xullo de 2018. |
|||
Un ano máis, dentro do Proxecto Ríos, e no seo das materias de Bioloxía e Xeoloxía, e Xeografía e Historia, o alumnado de 1º da ESO participou no Proxecto, traballando interdisciplinarmente estas materias, e realizando baixadas ó propio río segundo as necesidades do material traballado. Mostramos imaxes da baixada na que recollémolo lixo da ribeira do río, posto que en baixadas anteriores para facer diferentes medicións e traballo de campo, decatámonos de que a marxe esquerda do río estaba realmente moi chea de lixo. 4º ESO : continúa facendo as súas medidas da calidade físico-química da auga ,estudo de flora e fauna.Esta corresponde a baixada de primaveira. Traballos recopilatorios do estudo do ecosistema fluvial.
|
|||
O día 25 de xuño comeza o prazo de presentación de solicitudes para a admisión a ciclos formativos do curso 2018/2019. No documento adxunto pódese consultar o calendario completo do proceso de admisión e no seguinte enlace toda a información relativa a ciclos: http://www.edu.xunta.es/fp/admision-curso-2018-2019
|
|||
O alumnado de 1º de ESO ven de gozar da visita á Fundación Manolo Paz, fundación dedicada á obra do escultor cambadés na que tamén se atopa o taller do artista. http://www.fundacionmanolopaz.gal/
A visita, organizada polo departamento de Educación Plástica, Visual e Audiovisual está enmarcada dentro do programa educativo EDUMOTIVACON da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. |
|||
A Consellería de Educación publicou as listaxes definitivas de admitidos, ordenados por puntuación, para as actividades de formación en linguas estranxeiras.
Poden consultarse no taboleiro do centro e no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/axudasle/
|
|||
Esta semana saberemos os nomes dos gañadores do concurso de fotografía. Mentres, ide mirando as instantáneas coas que participastes
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- …
- seguinte ›
- última »