[Actividade recente]

SARA FILGUEIRA: UNHA PROFESORA DE GALEGO CON HONORES

A lousamiá foi a mellor da súa promoción e acadou o premio de fin de carreira a nivel autonómico e nacional

O mundo está cheo de tópicos. Que se non medraches nunha cidade nunca chegarás a ser alguén nos estudos. Que se fuches pola rama de letras nunca destacarás academicamente. Afortunadamente, tamén hai casos que derruban tales falacias nas súas dúas primeiras liñas de currículo. A profesora de galego Sara Filgueira Lorenzo (Ces, Lousame, 1993) é o exemplo perfecto.

Con tan só 26 anos, xa conta cunha praza despois de aprobar as oposicións á primeira. E por se fose pouco, a lousamiá foi a primeira da súa promoción, pero os seus méritos foron máis alá dos corredores da facultade onde destacou. A filóloga tamén foi merecedora do galardón que entrega a Xunta aos mellores estudantes graduados de cada ano na súa titulación.

Mais, lonxe de restarlle importancia a este recoñecemento, Sara Filgueira pode presumir de ser a gañadora do Premio Nacional de Fin de Carrera, no apartado de Humanidades. Ou o que vén sendo o mesmo, logrou que o Ministerio de Educación do Goberno de España distinguise a unha titulada en Filoloxía galega. Un exemplo de valor incalculable para a lingua que de seguro acabará por deixar semente.

Os comezos

O certo é que Filgueira non é quen de lembrar o momento exacto no que a vocación pola ensinanza espertou nela. Sen embargo, houbo certas pistas naquela nena que xogaba a impartir clase ante unha audiencia conformada por bonecos, unha cativa que logo medrou para converterse na rapaza á que se sentía ben ensinando e lle «gustaba axudar aos compañeiros resolvendo dúbidas».

A cada mestre que lle marcaba e se gañaba o seu respecto como referente, dende os primeiros anos no CPI Cernadas de Castro ata a súa etapa de bacharelato no instituto noiés Virxe do Mar, íase atallando o camiño que a levou a ingresar na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

«O idioma para min é algo importante, forma parte da miña esencia e identidade», explicou a docente sobre o que a levou á súa actual profesión, aínda que había outro motivo fundamental: «Fixen o que tiña ganas de facer». A importancia desta última afirmación radica na serie de frases que a acompañaron a ela e á súa familia cando tomou aquela decisión.

«Ai, pobriña, é unha pena, non lle deu a nota para outra cousa?» ou «pois non ten moita saída, non?» foron algunhas das reaccións de persoas ás que lles resultaba estraño a elección daquela estudante de boas cualificacións, e das que agora Sara pode lembrar sorrindo e sinalando o importante que foi contar co apoio da súa familia en todo momento, para decidir a onde se encamiñarían os pasos da súa vida.

VISITA Á EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI E PÓRTICO DA GLORIA

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistiu á saída didáctica organizada polos departamentos de Ed. Plástica e de Relixión: visita á EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI E PÓRTICO DA GLORIA en Santiago de Compostela.

Listaxes provisionais correspondentes as axudas para actividades de formación en lingua estranxeira 2019.

Nos ficheiros adxuntos podedes consultar o oficio de remisión e listaxes correspondentes as axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019.

 

Estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle).

Braulio Bolechas en A Silva!

Ola amigas e amigos do Cernadas de Castro!

Temos unha boa nova! Braulio Bolechas achegouse ao noso cole para gravar o seu programa Braulio Tuber! Para iso elixiu aos nenos e nenas de 1º de Primaria, que lle ensinaron mooooitas cousas sobre a Revolución Industrial.

As pequenas e pequenos parece que naceran cunha cámara diante do ben que se desenvolven e co simpáticos que están!

Non volo perdades, picade no enlace de aquí abaixo e aproveitade para coñecer como foi a Revolución Industrial!

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/braulio-tuber-ii-24-4072338?t=11

 

ENTROIDO 2019

O venres 1 de marzo xuntámonos para celebrar o Entroido de 2019. O tema de este ano foi "O cine e a TV" 

Vexa as fotos no archivo adxunto.

 

 

 

 

ENCONTRO CON MARÍA SOLAR EN COMPOSTELA

Hoxe 25 de febreiro o alumnado de 3º de ESO asistiu en Compostela a unha charla-conferencia de María Solar e dúas científicas do CSIC, Marta e Isabel.

As científicas falaron sobre os virus e a importancia de vacinarnos para non contraermos certas enfermidades.

 

María Solar, sobre a súa novela, Os nenos da varíola.

SAÍDA Á PRAIA

  O xoves 21 de febreiro os alumnos de 1º de ESO e os de 4º de ESO da materia de Bioloxía e Xeoloxía realizaron un estudo da zona intermareal

 

Estudaron in situ animais invertebrados e algas

 

E tiveron a sorte de ver cormoráns coma este:

DIA DE ROSALÍA

Celebramos o Día de Rosalía de Castro coa audición de poemas da padronesa interpretados pola soprano de orixe lousamiá, Esperanza Mara.

              

 

     Asistiron os alumnos de 6º de primaria e 1º e 2º de ESO.  Algúns deles homenaxearon a nosa poeta lendo poemas seus.

                      .

                           

Á sesión fomos convidados polo concello de Lousame.

Moitas grazas!!!

Distribuir contido