[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
MENÚ MES DE XUÑO Páxina gedepevi 03/06/2024 - 10:43
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44

RESERVA DE PRAZA _CURSO 2024_25

reserva de praza é só para o alumnado deste propio centro que vai seguir estudos aquí para o ano seguinte, ou para alumnado de 4º ESO que vai continuar estudos no IES Virxe do Mar (centro ao que estamos adscritos)

 PERIODO DE RESERVA DE PRAZA

 Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

 Documentación:

 ANEXO I para que o alumnado de 4º ESO poda cumprimentar a súa reserva. 

A reserva de praza para os centros adscritos poderá facerse telemáticamente a través da aplicación "admisión alumnado".  (Ligazón)

 SOLICITUDE DE PERMANENCIA para o alumnado que o vindeiro curso continuará estudos no centro.

 PERIODO DE ADMISIÓN

Para alumnado que non está actualmente matriculado no centro o período de admisión abranguerá dende o 1 ao 21 de marzo de 2024.

 ACCESO WEB CONSELLERÍA

CROS DE NOIA, 5 decembro 2023

O pasado 5 de decembro nos desprazamos ao Estadio de San Lázaro en Noia para participar na 1ª xornada de CROS escolar enmarcado dentro do programa XOGADE. Acudimos á cita un total de 44 alumnos e alumnas das categorías infantil e cadete.

Preme no seguinte enlace para ver as CLASIFICACIÓNS da proba e na foto para ver o álbum de imaxes.

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Cros de Noia

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES EN USO

MULLERES EMPRENDEDORAS DO RURAL

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O CPI Plurilingüe Cernadas de Castro súmase, un curso máis, á loita contra a violencia de xénero. Baixo o lema #Eu quero que..... toda a comunidade educativa expresou o seu desexo de igualdade e respeto entre homes e mulleres.

Preme na imaxe para ver o álbum.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Eu Quero

RECOLLIDA DE PRODUTOS DE ASEO E DE LIMPEZA

DÍA DO PEÓN

Este xoves 16 de novembro celebramos  o XVII Día do Peón, da  man da asociación Brinquedia e da implicación do Concello de Lousame. No campo da festa do San Roquiño  ao grito de “polo San Martiño, todos e todas fixemos xirar os peóns e bailaretes, agasallo do Concello a todos os presentes.

Acompañando a  actividade demos conta dunhas boas castañas asadas para celebrar así o tradicional Magosto . Poidemos desfrutar tamén dunha  exhibición de lanzamento da trompa, xogo moi practicado en Muros ata o ano 1927 e do que se di que entrou na vila aló polo 1700. A trompa é un modelo rudimentario de trompo, de maiores dimensións, que se fai xirar a base de atizarlle cunha zorrega ou látego. O xogo era facela bailar e desprazala ata unha marca establecida sen que deixe de xirar.

E como non podía ser doutro xeito non podía faltar a música nin o baile, o grupo O Son do Pote foi o encargado de  que desfrutasemos ao son da pandeireta, gaita,…Para rematar, Xosé Manuel Barreiro, presidente de Brinquedia, convidou a todos, e especialmente á rapazada, a continuar botando a bailar os peóns ata o San Amaro, momento no que os trompos van ao faiado.

Premendo na  seguinte foto pódese ver  varios momentos da actividade.

 

CONCURSO DE CABAZAS_SAMAÍN 2023

Como non podía ser doutro xeito, non faltou o noso tradicional concurso de cabazas neste Samaín 2023. Noraboa a Unai, Mateo, Xoel, Pablo e Manuel por ser os gañadores desta edición!!

Álbum: Curso 2023/2024 -> Concurso de Cabazas
Distribuir contido