Para facer algo diferente neste festivo, propoño deleitarnos vendo un eclipse solar. Aproveitando que os expertos din que en Galicia será o lugar de España onde mellor se vexa, e non temos moitas ocasións coma esta, deixo unha ligazón con máis información. Pincha aquí e accede. A foto amosa como se verá o sol nas distintas horas. |
|||
Hoxe repasamos a importancia que ten reducir, reutilizar e reciclar distintos materiais. O ano pasado aprendemos a reutilizar e este ano a reciclar. As mozas do ano pasado ensináronnos como facer papel reciclado. Tamén nos recordaron que o máis importante é reducir e iso non o pode facer ninguén máis ca nós mesmos.
|
|||
Co motivo do día da Muller Traballadora, os compañeiros de 1º da ESO viñeron darnos unha charla sobre disitntas mulleres científicas. |
|||||||
Fai uns días, aproveitando o tema da PDI "Alma de beiramar", fixemos unha rimas relacionadas con elementos mariños. Para que nos quedaran máis chulos colocamos as rimas facendo caligramas. Velaquí o noso traballo. |
|||
Desde o 17 de marzo de 2015 e ata o 16 de abril está aberto o prazo para solicitar praza para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de 2015. Para ler as bases, visite o seguinte enderezo.
|
|||
O rap dos continentes foi todo un éxito na clase. Cunha melodía sinxela e pegadiza, aprendemos os continentes dun xeito divertido. Pincha aquí e accede ao vídeo |
|||
Como xa sabedes este ano no noso colexio estamos desenvolvendo un proxecto documental integrado sobre o mar, por ese motivo os nenos e nenas de 3ºA de primaria disfrazamonos de submarinistas. |
|||
As nosas familias son únicas, e isto ímolo demostrar facendo as nosas propias versións do conto de Kalandraka "A familia C". Preme na imaxe para acceder ao conto.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- 51
- 52
- 53
- 54
- seguinte ›
- última »