O alumnado de 2º ESO e 4º de ESO que solicitou axuda para libros de texto xa pode recoller na Secretaría do centro os vales para libros e, de ser o caso, os vales para material escolar. |
|||
O TELÉFONO DE CONTACTO DO CENTRO SERÁ A PARTIR DE AGORA O SEGUINTE: 881 866 801. |
|||
O deseño do logotipo do noso centro educativo está inspirado en Diego Antonio Cernadas de Castro, quen lle dá nome a este CPI, polo seu labor como cura de Fruíme, pero sobre todo porque foi un grande defensor da cultura, do pobo e da lingua galega nas obras tanto en prosa como en verso, e tanto en galego como castelán.
|
||||
No mes de maio de 2016 déronse a coñecer os gañadores do Concurso de Deseño de Logotipo para o CPI Cernadas de Castro. As votacións do xurado deron como resultado que os traballos merecedores dos premios fosen os que seguen: - 3º Premio: Pablo Rodríguez Freire, de 4º A de ESO - 2º Premio: Alicia Mariño Domínguez, de 6ºA de Primaria - 1º Premio: Claudia Figueira Caamaño, de 4º A de ESO Así pois, o CPI Cernadas de Castro adoptará o traballo gañador como imaxe que representa ao centro educativo e irá incorporándoa progresivamente en todos os ámbitos e soportes que se estimen necesarios. Fai clic na primeira imaxe para acceder á galería de fotos da entrega de premios. Fai clic na segunda imaxe para acceder á galería de fotos da exposición de logos.
|
|||||
Ao longo desta avaliación levouse a cabo un concurso para a elaboración do logo do CPI Cernadas de Castro. Queremos buscar unha imaxe representativa do noso centro e o noso concello. Dende o Departamento de Educación Plástica e Visual déronse unhas recomendacións para elaborar un bo logotipo. Podedes consultar as bases do concurso no documento adxunto. Anímate a participar! |
|||
No adxunto poden consultar as listaxes definitivas por curso do alumnado admitido no Fondo de libros para o curso 2016/2017. O alumnado admitido no Fondo que apareza con menos de 4 libros concedidos, debe consultar os libros que lle serán adquiridos polo centro antes de mercar ningún libro na librería. Todos os alumnos deben adquirir o Workbook de Lingua inglesa. As listaxes definitivas de ESO sairán a partir do 8 de setembro de 2016. |
|||
Nos arquivos adxuntos poden consultar as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de Educación Primaria e ESO no Fondo de libros 2016.O prazo de reclamación rematará o 19/7/2016. A partir desa data, sairán as listaxes definitivas de Educación Primaria; as de ESO non estarán dispoñibles ata o mes de setembro, despois da avaliación extraordinaria. Os vales para a adquisición de material e/ou libros de texto xa poden recollerse na Secretaría do centro, en horario de 9,00 h a 13,00 h., ata o 22 de xullo.
|
|||
Nos arquivos adxuntos figura a relación de libros de texto e de material didáctico para o vindeiro curso escolar 2016_17 |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- …
- seguinte ›
- última »