[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ FRANCÉS Páxina gedepevi 22/05/2024 - 13:27
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52
MENÚ MES DE MAIO Páxina gedepevi 30/04/2024 - 14:02
Calendario de exames do alumnado con materias pendentes. MAIO 2024 Páxina gedepevi 29/04/2024 - 15:20
VISITAS A SANTIAGO Album pipaca 23/04/2024 - 17:44
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47

Fondo Solidario libros de texto e axudas para o material 2021-22.

  Tipos de axuda e destinatarios.

 -          Fondo solidario de libros: alumnado que o vindeiro curso 2021/22 estará matriculado en 3º, 4º de EP, 1º, 2º 3º ou 4º de  ESO. No noso centro  5º e 6º de EP non utililizan libros de texto,  cursan o proxecto EDixgal , o  material é  dixital e usarán un portátil que se lles facilitará no centro polo que non poden solicitar o fondo solidario de libros pero sí o vale para o material.

 -          Axudas para libros de texto: alumnado que o vindeiro curso 2021/22 estrá matriculado en 1º e 2º de EP.

 -          Material escolar: todo o alumnado que o vindeiro curso 2021/22estea  matriculado en EP e ESO.

 ·          Requisitos.

 -         Ser pai/nai/titor legal dun alumno matriculado nun centro sostido con fondos públicos.

 -       Renda per cápita igual ou inferior a 6000 €, agás no caso de discapacidade superior ao 65% e alumnado en garda/tutela da Xunta de Galicia ou de Educación Especial, que poderá ter calquera tipo de renda:

 o    Os datos son os do exercicio fiscal de 2019.

 o    Sumaranse os recadros 435 e 460 de cada un dos membros da familia con ingresos e dividirase o resultado da suma polo número de membros da unidade familiar a 31/12/19.

 o    No caso de non prestar declaración, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal  de Administración Tributaria.

 ·         Presentación de solicitudes.

 -          Cada pai/nai/titor cubrirá unha única solicitude para todos os seus fillos, que poderá recoller no centro ou accedendo á aplicación  Fondolibros (clica para acceder á aplicación) da Consellería de Educación. Na documentación adxunta tedes un manual a vosa disposición, se optades por presentar a solicitude de forma telemática.

 -          Poden optar polas seguintes formas de presentación:

 a)       No centro, en soporte papel, ata o 22 de xuño de 2021 (este incluído), agás o alumnado procedente de centros privados ou os repetidores de 4º de ESO, que terán un mes de prazo desde a matrícula. Virán debidamente asinadas e coa documentación requirida; se se cubriu na propia aplicación Fondolibros, imprimirase  e entregarase cuberta co número que lle foi asignado para que o centro a poida recuperar.

 b)       Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, que enviará un aviso ao correo electrónico do centro.

 

FESTA DO GALEGO SÁBADO 15 DE MAIO

DÍAS NON LECTIVOS

Informamos a toda a comunidade educativa que A Xefatura Territorial da Coruña autorizou o martes 18 de maio como día NON LECTIVO. 

Polo tanto, comunicamos que o centro  permanecerá pechado o luns 17 de maio (Festivo Autonómico – Día das Letras Galegas) e o martes 18 de maio ( día non lectivo escollido polo centro).

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2021_22

Informamos de que xa están publicadas no centro as listaxes definitivas resultantes do proceso de admisión do alumnado para o curso 2021/22. Todo o alumnado solicitante obtivo praza. Poden tamén consultar esta información a través da aplicación admisionalumnado.

As datas de matrícula abranguen o período comprendido entre o 20 e o 30 de xuño, ámbolos dous incluídos.

Listaxe difinitivo distribución de máscaras.

Publícase a listaxe definitiva para a distribución das máscaras do alumnado beneficiario de Educación Primaria e Educación Secundaria.

A partir do mércores 9 de decembro os pais/nais ou titores legais poderán recollelas.

Para calquera dúbida o teléfono da Secretaría: 881886801.

Listaxe provisional distribución de máscaras.

 

Publícase a listaxe provisional de admitidos e excluídos do procedemento para a distribución de máscaras.

Os beneficiarios do vale de material (50 €) están admitidos na lista provisional.

Os solicitantes que fixeron o trámite poderán preguntar sobre o estado da mesma no número de teléfono 881866801.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.

25 de Novembro: día contra a violencia de xénero

Os noso alumnado traballou duro para crear estes vídeos para o día contra a violencia de xénero.

Á árbore do bo trato

Distribuir contido