[Actividade recente]

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2019.

Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva, xúntase cartel informativo desta convocatoria, coa petición da súa difusión entre o posible alumnado beneficiario destas axudas.

 

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 21de febreiro e remata o día 20 de marzo.

 

 

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se menciona na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle

Participación no Festival de Clipmetrajes

Os alumnos e alumnas do 4º da ESO están participando do festival de clipmetrajes de manos unidas. Vexa o vídeo "Rompe con esta idea" neste enlace

   

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO CPI

Onte tivemos a sorte de que nos visitara unha das escritoras galegas actuais máis senlleiras : ANDREA MACEIRAS.

Conversou co alumnado de 4ºESO sobre a súa novela O que sei do silencio, e deulle interesantes consellos sobre lecturas.

Moitas grazas, Andrea, por vires ao Cernadas de Castro. 

          

 

 

 

 

 

 

Saída " Coñece as túas institucións"

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria visitou a Xunta de Galicia e o Parlamento galego, onde coñeron de primeira man os espazos  e as salas onde se debaten e toman as decisións máis importantes da nosa comunidade.

XORNADA ÚNICA

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de dar instrucións aos centros para que se leve a cabo de inmediato a votación do sector das nais, pais ou titores legais do alumnado en relación ao cambio de xornada para o vindeiro curso escolar.

A causa da precipitación neste proceso débese a que o 1  de febreiro terá lugar a Información Pública do novo Plan de Transporte Público de Galicia 2019, vinculado ao transporte escolar do centro a través das rutas integradas. Este feito implica  que durante esta semana teña que levarse a cabo a votación por parte das familias para saber cal vai a ser o  horario do centro a partir do curso que vén, e poder así incluílo o día 1 de febreiro nos proxectos de explotación dos novos contratos aos que optan as diferentes empresas de transporte.

Estes novos contratos terán unha vixencia de 10 anos, prorrogables a cinco anos máis, o que implica que o resultado  desta votación  marcará o horario do centro durante un período que oscila entre 10 e 15 anos, non podendo ser modificado baixo ningún concepto no transcurso deses anos.

O sorteo dos membros da mesa será o martes 22 de xaneiro, ás 12:30 h.

O día da votación: o xoves 24 de xaneiro, de 8:30 h. a 21:00h.

 

Nos arquivos adxuntos dispoñen do horario proposto totalmente detallado e dun documento con toda a  información relativa a esta proposta de cambio de xornada.

OBRADOIRO DE BIOTECNOLOXÍA NA DOMUS

Alumnas e alumnos de 3º e 4º de ESO asistiron na DOMUS a un obradoiro de biotecnoloxía no cal apredenderon a aillar o ADN. Logo visitaron este museo interactivo.  Amosamos unhas fotos.

                                                

VISITA AO MUPEGA

     O alumnado de 3º da ESO realizou unha excursión a Santiago para ver o MUPEGA. Deixámosvos aquí unhas imaxes da súa visita.

 

 

¡¡¡NOVIDADES!!!

novidades

E por fin chega decembro... ¡cargadiño de novidades!

Achégate á Biblioteca e desfruta lendo as últimas adquisicións.

E se non podes esperar ata o luns para ver que imos presentar... ¡bótalle un vistazo ao vídeo adxunto!

(¡Grazas, axudantes! Guiño)

Distribuir contido