Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25.

Está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2024-2025.

Data límite para entrega de solicitudes: 21 de xuño de 2024.

O procedemento está rexido pola Orde do 7 de maio (DOG 20 de maio de 2024)

Formas de presentación de solicitudes:

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (Anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentencia xudicial e ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
  • Copia do libro de familia ou documentación equivalente , onde figuren a/o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.

 

Horario de atención: 9:00h a 14:00h.

VISITAS A SANTIAGO

Este martes, 16 de abril, o alumnado de 1 de Ed. Primaria, 2º e 4º ESO compartía autobús rumbo a Santiago  acompañados polo seu profesorado.

Os máis pequenos, empezaron a mañá visitando o museo de Historia natural no que quedaron perplexos coa cantidade de insectos que viron e que descoñecían e non menos abraiados quedaron cos minerais que alí había. Como colofón, poder tocar as nutrías, aguias,... Pero non rematou aí a súa visita a Santiago, porque como verdadeiros locutores estiveron en  directo no programa Voces de Santiago dirixido por Alberto González a quen lle sacaron algún que outro sorriso.

Os de 2º ESO fixeron un percorrido polo casco antigo de Santiago con parada na Catedral e visita incluída  ao Pórtico da Gloria. A continuación, dirixíronse cara o Museo das Peregrinacións, onde levaron cabo un percorrido polas súas tres plantas e accederon ao miradoiro na parte superior gozando así dunhas vistas de Santiago pouco comúns.

Pola súa parte, o alumnado de 4º ESO iniciou a mañá no Instituto Galego de Estatística onde comprobaron de primeira man a cantidade de información que alí se manexa e a importancia de participar nas enquisas para a recollida de datos previa a calquera estudo estatístico. Pero non todo foron números, tamén houbo tempo para o arte. Así, continuaron percorrido e realizaron unha visita guiada polo Centro Galego de Arte Contemporánea onde coñeceron  a obra do artista lalinense Antón Lamazares a través dunha exposición pouco corrente  e da arquitectura deste impresionante edificio.

Álbum: Curso 2023/2024 -> Viaxe a Santiago

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS

O prazo para solicitar unha beca para realizar estudos postobrigatorios o vindeiro curso escolar é do 19/03/2024 ao 10/05/2024.

No seguinte enlace  podes acceder á páxina de información sobre becas e axudas convocadas polo Ministerio de Educación e Formación Profesional, segundo os diferentes tipos e niveis de ensinanzas.

BECAS E AXUDAS PARA ESTUDAR

Accedendo a este enlace podes acceder aos pasos para a solicitude de becas de FP, Bacharelato e outros estudos non universitarios, facilitados no portal do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

COMO SOLICITAR A BECA

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER

ADMISIÓN ALUMNADO

O 1 DE MARZO, abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2024-2025 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.

O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2024

Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.

Poden descargarse os impresos accedendo a web da Consellería, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 1 de marzo. 

ENLACE WEB DE ADMISIÓN ALUMNADO

Documentación Admisión:

  • Impresos de solicitude (ED550B - anexo II)
  • DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.
  • Tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se procede.
  • Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.
  • Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero, se procede.
  • Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras  carezan de DNI ou NIE.
    ED 550 B-G
    ED 550 B-C
    Calendario proceso de admisión
    Manual de usuarios das familias
    Criterio complementario
    Oferta de postos escolares
    Información de admisión
    Resultado sorteo  admisión

MENUDA CAMPIONA!

A alumna Cayetana García Recarey, de 6º de Primaria, acadou hoxe o primeiro posto na proba de  atletismo na categoría Infantil feminino. Clasifícase así para o campionato provincial de Cros escolar o vindeiro 15 de marzo en Porto do Son. Parabéns a esta gran corredora!

ENTROIDO

As máquinas e a tecnoloxía inundaron o venres de Entroido o CPI Cernadas de Castro. O alumnado, as familiase o persoal do centro disfrutaron dun desfile no que non faltou a imaxinación e o colorido. Mostra do mesmo son as fotos que podedes ver na galería de imaxes premendo no seguinte enlace.

FOTOS ENTROIDO

 
 
Distribuir contido