O 1 DE MARZO, abre o prazo de preinscrición correspondente ao alumnado que desexa cursar estudos o curso académico 2024-2025 no noso centro educativo e que actualmente non está matriculado nel.
O prazo abrangue do 1 ata o 20 de marzo do 2024
Esta solicitude deberase presentar preferiblemente por SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, no centro educativo solicitado en primeiro lugar, ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común.
Poden descargarse os impresos accedendo a web da Consellería, e tamén estarán a disposición das familias no propio centro a partir do 1 de marzo.
ENLACE WEB DE ADMISIÓN ALUMNADO
Documentación Admisión:
- Impresos de solicitude (ED550B - anexo II)
- DNI dos pais, do alumno/a e dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.
- Tarxeta sanitaria do alumno/a.
- Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, se procede.
- Carnet ou documento que acredite a condición de familia numerosa e/ou monoparental, se procede.
- Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero, se procede.
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración autonómica.
- Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do Concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.