CAMIÑADA 1º CICLO

Para rematar o curso e a maneira de despedida, todo o primeiro ciclo de Primaria decidiu facer unha camiñada dende Toxosoutos a Cabanatán. O calor apertaba, mais non decaemos e o esforzo tivo a súa recompensa.

Clicade e veredes as fotos. 

 

LISTAXES DEFINITIVAS ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Nos adxuntos poden consultar as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán.

Para máis información e prazos, poden consultar o enlace:

https://www.edu.xunta.es/axudasle/

 

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2016

A Consellería publicou as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e suplente, ordenado por puntuación. Así mesmo, ofrece unha listaxe de solicitudes que necesitan remitir documentación necesaria.

Agora ábrese un prazo de dez días naturais (ata o 16 de xuño) para efectuar reclamacións ou presentar alegacións.

Poden consultar toda a información nos adxuntos.

Sesións de Geogebra

Nas últimas semanas, os alumnos de 1º ESO están a acudir á aula de informática para ter un primeiro achegamento a Geogebra. O obxectivo das sesións é que se familiaricen cos elementos básicos do plano (puntos, rectas, ángulos...) a través deste software de xeometría dinámica.

 

I FEIRA TRADICIONAL NO CPI CERNADAS DE CASTRO

Clica na imaxe e accederás a toda a información.

 

RESULTADOS DA VOTACIÓN DO SECTOR DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

Na votación correspondente ao sector das nais, pais e titores legais do alumnado celebrada o venres 27 de maio acadáronse os seguintes resultados:


Censo de pais , nais ou titores legais:289


Votos emitidos:                                  204


Votos  a favor da xornada mixta:       139


Votos en contra da xornada mixta:      65


Abstencións:                                        85


Votos nulos:                                          0


Segundo   a Orde do 29 de maio de 2008 que reguila o cambio de xornada lectiva é  necesario o acordo favorable da maioria absoluta do total do censo das nais, pais ou titores legais dos alumnos/as. 


O censo de votantes deste curso  é de 289 , polo tanto, para  o cambio de xornada necesítase un mínimo de 146 votos a favor. Tendo en conta que se obtiveron 139 votos favorables NON HAI CAMBIO DE XORNADA LECTIVA PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2016-2017.


O noso agradecemento a todas as familias pola súa participación.

Camiñata das letras 2016

Case 100 rapazas e rapaces de 6º e primaria e 1º e 2º de ESO participaron este ano na tradicional Camiñada das letras.

Ao longo de aproximadamente 18 kms, que transcorreron por parte do Camiño Real e do Camiño Sacramental, puidemos admirar a beleza da Ría de Noia desde a ponte atirantada, o hórreo de Balbargos, a igrexa de Argalo ou o dolmen da Cova da Moura.
 
Logo dun descanso para xantar no campo da festa de San Roquiño, emprendemos os últimos metros da andaina ata chegarmos  ao noso colexio.

Foto de grupo

Fai clic na imaxe para acceder á galería co resto das fotos.

PROXECTO DOS ALIMENTOS EN 2º B

 


Distribuir contido