[Actividade recente]

EXPOSICIÓN IMAXES CON FONDO

Durante o mes de febreiro tivemos a oportunidade de desfrutar no noso centro da exposición Imaxes con Fondo, selección dun concurso fotográfico organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A exposición busca promover a través da imaxe e a palabra a reflexión e o pensamento crítico ante graves problemas que afectan ao noso planeta e sociedade, apostando por unha actitude solidaria e respectuosa de todos nós.

O alumnado de 2º e 3º ESO de Valores Éticos realizou un traballo a partires desta exposición. Cada alumno/a escolleu unha imaxe e temática para compartir co resto do grupo e así poder buscar entre todos solucións aos problemas que afectan á nosa sociedade.

exposición fotográfica

ENCONTROS COAS AVOAS

           ENCONTROS COAS AVOAS

8 DE MARZO

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 

Desta volta vimos de celebrar o Día Internacional da Muller con nove mulleres super importantes: as avoas do noso alumnado da ESO.

As mulleres, tanto no espazo familiar coma no laboral tiveron, e seguen a ter, numerosas tarefas e responsabilidades, constituíndose nun eixo vertebrador das familias e da sociedade, nun piar básico da súa construción. Porén, as ditas tarefas e responsabilidades estiveron sempre, e seguen estando, relegadas a un segundo plano en importancia. O centros educativos temos a obriga de traballar a prol da igualdade de xénero, visibilizando o papel das mulleres, e fomentando a reflexión e análise sobre as desigualdades que existiron, e aínda existen, entre ambos.     

TÍTULOS DE ESO

Desde o día 20 de febreiro de 2017 pódense recoller na oficina de administración do centro os títulos de Secundaria correspondentes ao alumnado que rematou estes estudos no ano 2014 e 2015.

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O mércores 23 de febreiro recibimos a Ledicia Costas. Os alumnos do club de lectura de 5º e os de 1º e 2º ESO fixeron moitas preguntas sobre os seus libros "Escarlatina, a cociñeira defunta", "Esmeraldina, a pequena defunta" e "Julio Verne e a vida secreta das mulleres planta". Pasaron unha hora amena e, ao remate, a escritora amablemente adicoulles as novelas aos alumnos.

CONVOCATORIA DE PRAZAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2017.

·        Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2016/17, na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 28 de febreiro e remata o día 27 de marzo.

PRAZAS VACANTES.CURSO 2017_18

                                                                    
4ºED.INFANTIL                         25(3 reservadas a NEE)
5º ED.INFANTIL 10
6º ED. INFANTIL 4
1º ED. PRIMARIA 27(6 reservadas a  NEE)
2º ED. PRIMARIA 21
3º ED. PRIMARIA 19
4º ED. PRIMARIA 20
5º ED. RIMARIA 18
6º ED. PRIMARIA 12
1º ESO 38(6reservadas a  NEE)
2º ESO 22
3º ESO 24
4º ESO 28

CÓNTAME UN CONTO

O alumnado de 3º de ESO levou a cabo unha actividade de lectura de libros cos alumnos de Infantil de 4 anos da profe Begoña. Escolleron uns libros moi divertidos da Biblioteca (pop-ups) e fixeron unha lectura dramatizada que gustou moito ós pequeniños. 

 

Aquí quedan as fotos desta fermosa actividade na que os maiores aplicaron os seus coñecementos de Voluntariado, traballados nas materias de Valores Éticos e Relixión.

ESTANCIA EN CANADÁ DA PROFESORA MARTA CORIA

A nosa compañeira Marta Coria profesora de Xeografía e Historia nas seccións bilingües realizou unha estancia formativa en Canadá no primeiro trimestre do curso. Esta actividade enmárcase dentro do programa PIALE (programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras) da Xunta de Galicia. 

 

Distribuir contido