[Actividade recente]

LETRAS GALEGAS E ZERNADAS DE CASTRO

 

Hoxe, parte do alumnado do noso centro acudiu a Fruíme onde, da man do Concello, fíxoselle unha homenaxe ao noso galego máis ilustre: O cura de Fruíme, Diego Antonio Zernadas de Castro ou, como ben dixo Rivas Troitiño no seu fermoso discurso, Diego Antonio Zernadas y Castro, como orixinariamente era coñecido. Os nosos rapaces e rapazas leron unha pequena escolma dos seus poemas en galego e, unha vez rematado o acto, ofreceron unha ofrenda floral diante do busto do homenaxeado. Malia o orgullo da xente de Lousame e o desexo de que algún día sexa el o persoeiro ao que se lle dedique o día das nosas letras, non nos esquecemos de Carlos Casares e tamén para el houbo unhas verbas de agradecemento e de recoñecemento por parte da nosa rexedora. Tamén queremos mencionar a actuación da Banda de Lousame que interpretou unha melodía composta por Prudencio Romo, así como o Himno Galego. Todos e todas sabemos que boa parte dos integrantes desta banda son alumn@s ou exalumn@s do centro. Para eles, os nosos parabéns.

E como non, a festa continuou no novo restaurante das minas de San Finx onde os rapaces e rapazas bailaron unha muiñeira ao son das gaitas d'O son do pote, aos que esperamos ver de novo no II mercado tradicional do vindeiro 9 de xuño, de feito xa quedamos citadosRisa

Para verdes todas as fotos clicade AQUÍ e iredes directamente á galería.

LETRAS GALEGAS 2017

O alumnado do centro traballou arreo ao redor da figura homenaxeada este ano para celebrar a festa da nosa lingua e da nosa cultura. Se queredes ver todo o traballo realizado ou acceder a algún tipo de información sobre Carlos Casares, clicade nos enlaces e o Blog da Silva poñeravos ao día.

 

   CARLOS CASARES           INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA XUNTOS

Resultado de imaxes para Carlos Casares        

 

VISITA A COMPOSTELA!

O alumnado de 2ºESO participou nunha saída educativa á cidade de Santiago de Compostela. Pola mañá coñecimos a Cidade da Cultura do arquitecto Peter Einsenman e visitamos a interesantísima exposición temporal "Da árbore á cadeira"

Posteriormente visitamos os tellados da Catedral dende onde puidemos desfrutar dunhas vistas fermosísimas de Compostela. Tivemos tamén o privilexio de pasear polos patios do Hostal dos Reis Católicos e, acompañados pola chuvia, percorrimos o casco vello da cidade.

Para pechar o día, visitamos a exposición "Arte e xeometría en papel" instalada no Pazo de Fonseca ata finais de maio. Non vola perdades!

(Para ver máis fotografías da saída premer en "ler máis").

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO. CURSO 2017_18

No arquivo adxunto está a relación de alumnos e alumnas admitidos para o vindeiro curso escolar 2017/18. Lembrámoslles que o prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño para Ed. Infantil e Ed. Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para ESO.

 

POEMAS SELECCIONADOS DO MES DA POESÍA

Moitas grazas polos vosos poemas. Seleccionamos estes que podedes ler-ver aquí:

EXPERTOS NA IDADE MEDIA

O alumnado de 2ºESO impartiu unhas sesións sobre a Idade Media nos dous grupos de 5º de Primaria.

Os expertos, organizados por grupos, explicaron as distintas etapas medievais dende o punto de vista histórico e artístico. O alumnado de 5ºA e 5ºB de primaria acolleu estas sesións con moito entusiasmo, amosando gran curiosidade pola Idade Media, facendo numerosas preguntas aos relatores.

CONTACONTOS PARA TODO O ALUMNADO DO CENTRO

O pasado día 21 de abril Samuel Mountoumnjou, profesor camerunés e mediador intercultural, fixo de contacontos para todo o alumnado do centro. Podedes ver as fotos que tomamos para mostrar o ben que o pasaron cunha participación moi entusiasta e activa.

 

SEMANA DO LIBRO

Co gallo da celebración do "día do libro" o alumnado de Infantil e Primaria adicaron o seu tempo de lecer a revisar os libros que están na Biblioteca nun sitio diferente: no exterior da Biblioteca e no patio cuberto.  

Preme en "ler máis" para ver todas as fotografías da actividade.

 

Distribuir contido