[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
LIBROS DE TEXTO _CURSO 2024_25 Páxina pipaca 12/07/2024 - 13:14
Listaxe provisional das axudas do Fondo solidario de libros de texto e vales para material. Curso 2024/25. Páxina bggon 12/07/2024 - 07:49
Matrícula Educación Primaria Historias pipaca 25/06/2024 - 20:59
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17

Eclipse solar 2015

Para facer algo diferente neste festivo, propoño deleitarnos vendo un eclipse solar. Aproveitando que os expertos din que en Galicia será o lugar de España onde mellor se vexa, e non temos moitas ocasións coma esta, deixo unha ligazón con máis información. Pincha aquí e accede.

A foto amosa como se verá o sol nas distintas horas.

Obradoiro de reciclaxe

Hoxe repasamos a importancia que ten reducir, reutilizar e reciclar distintos materiais. O ano pasado aprendemos a reutilizar e este ano a reciclar.

As mozas do ano pasado ensináronnos como facer papel reciclado.  Tamén nos recordaron que o máis importante é reducir e iso non o pode facer ninguén máis ca nós mesmos.

 

Día da Muller

Co motivo do día da Muller Traballadora, os compañeiros de 1º da ESO viñeron darnos unha charla sobre disitntas mulleres científicas.

                                                                
                    

Fixemos un mar de rimas!!!

Fai uns días, aproveitando o tema da PDI "Alma de beiramar",  fixemos unha rimas relacionadas con elementos mariños. Para que nos quedaran máis chulos colocamos as rimas facendo caligramas. Velaquí o noso traballo.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2015

 

Desde o 17 de marzo de 2015 e ata o 16 de abril está aberto o prazo para solicitar praza para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de 2015.

Para ler as bases, visite o seguinte enderezo.

 

 

 

Continentes

O rap dos continentes foi todo un éxito na clase. Cunha melodía sinxela e pegadiza, aprendemos os continentes dun xeito divertido.

Pincha aquí e accede ao vídeo

Os mergulladores de Primaria.

 


Como xa sabedes este ano no noso colexio estamos desenvolvendo un proxecto documental integrado sobre o mar, por ese motivo os nenos e nenas de 3ºA de primaria disfrazamonos de submarinistas.

A FAMILIA C

As nosas familias son únicas, e isto ímolo demostrar facendo as nosas propias versións do conto de Kalandraka "A familia C". 

Preme na imaxe para acceder ao conto.

 

Distribuir contido