MODIFICACIÓNS PROGRAMACIÓNS CURSO 2019_20

Atendendo ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia facemos públicas as adaptacións das programacións deste curso académico.

Poderán acceder ás mesmas nos bloques situados á marxe da páxina web do centro premendo no menú programacións dentro do bloque Educación Primaria ou Educación Secundaria segundo queiran acceder ás modificacións das programacións dunha etapa educativa ou da outra.

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión do alumnado.

Este será do 11 ao 18 de maio de 2020, ambos incluídos.


Modifícase tamén o prazo ordinario de matrícula que será 

Do 1 ao 10 de xullo de 2020 

 O prazo de matrícula extraordinario paar o alumnado de ESO que teña que presentarse ás probas de setembro será do  1 ao 10 de setembro de 2020.

 Para entregar  a documentación na  Secretaría do centro deberase chamar previamente ao teléfono do centro 881866801 e solicitar cita con Administración.

Deberán vir provistos de luvas e mascarillas.

 

RECÓRDASE QUE A ADMISIÓN SÓ  A TEÑEN QUE FACER OS NENOS E NENAS  QUE O VINDEIRO CURSO VAN A ENTRAR NO CENTRO EN 4º DE ED. INFANTIL( 3 ANOS) E TODOS OS ALUMNOS NOVOS QUE PROCEDAN DOUTRO CENTRO. OS ALUMNOS QUE XA ESTÁN NO CENTRO NON TEÑEN QUE SOLICITAR ADMISIÓN

 

INSTRUCIÓNS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL RESPECTO AO DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as instrucións polas que se rexirá a nosa Comunidade Autónoma en canto ao desenvolvemento do ultimo trimestre deste curso escolar.

Poderán acceder ás mesmas premendo no seguinte enlace.

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/instrucions_3trimestre.pdf

INSTRUCIÓNS PROVISIONAIS SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

Á espera da publicación no BOE da Orde Ministerial que concrete o desenvovemento do terceiro trimestre ante a situación de pandemia orixinada polo COVID-19, a Consellería de Educación, Universidade e Ordenación Universitaria vén de publicar as seguintes  instrucións que teñen caracter provisional.

Agardamos unha maior concreción por parte da nosa Administración nos vindeiros días.

Premendo no seguinte enlace poden acceder ás devanditas orientacións provisionais:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30850

Comunicado do 13 de abril de 2020 da Consellería de Educación sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

FACENDO A DISTANCIA MÁIS PEQUENA.

 

AVALIACIÓN DO 2º TRIMESTRE_ABALARMÓBIL

Prezadas familias:

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de publicar as instrucións dirixidas á direccións dos centros educativos de ensino non universitario  para que se proceda a realizar a  avaliación do alumnado referida ao segundo trimestre:

 Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. A da avaliación do segundo trimestre estará referida, polo tanto, ao traballo desenvolvido dende o inicio do 2º trimestre, no mes de xaneiro,  ata o día 13 de marzo.

Ante a situación de emerxencia de saúde pública ocasionada polo COVID-19 e elevada á categoría de pandemia internacional pola  Organización Mundial da Saúde o 11 de marzo de 2020 non é posible facer uso das vías ordinarias para emitir os boletíns ás familias. Estas terán acceso aos mesmos a través da aplicación abalarMóbil, a finais da vindeira semana .

É preciso que todas as familias que aínda non teñan descargada a aplicación abalarMóbil procedan a facelo o antes posible.

Trátase dunha aplicación gratuíta da Xunta de Galicia que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Pódese instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet. A descarga desta aplicación faise dende Apple Store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

Premendo no seguinte enlace poderán acceder a unha guía que lles indicará os pasos a seguir para instalar, dun modo moi sinxelo,  a aplicación abalarMóbil, así como coñecer todas as funcionalidades da  devandita aplicación.

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

Grazas, unha vez máis, pola súa colaboración.

O equipo directivo

TRABALLA CON NÓS

Prezadas  familias:


Dende o luns 16 de marzo, tras a interrupción das clases presenciais por  mor desta crise sanitaria que estamos vivindo, o profesorado puxo en marcha distintas canles de comunicación co alumnado a través das cales lle está facendo chegar tarefas, propostas lúdicas e  recomendacións varias. É  importante que os voso fillos e fillas as realicen  pois axudan a manter unha rutina de traballo, reforzar contidos e poden ser tamén unha invitación á reflexión tan necesaria nestes complicados días.  Temos constancia de que hai alumnado que aínda non entrou nas plataformas virtuais habilitadas para isto, nin contestou aos correos enviados polos docentes das distintas materias , manténdose á marxe da nosa comunidade educativa. Neste senso pedímosvos a vosa colaboración. Insistide para que os vosos fillos e fillas se poñan en contacto cos profesorado que lles orientará nas tarefas propostas e responderá ás súas dúbidas.

            Podedes ver todas as tarefas e o xeito de comunicarvos con cada titor/a ou especialista nas tres bitácoras Infantil, Primaria e Secundaria habilitadas para tal fin e situadas na marxe esquerda no espazo Traballa na casa .

           Dende hoxe e nas canles de televisión, a TVG 2 e a 2 de TVE, podedes ver emisións educativas que poden resultar de  complemento e, incluso de entretemento,  ao traballo proposto dende o centro.

            Grazas de antemán pola vosa colaboración e un saúdo
            O Equipo Directivo

Distribuir contido