[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
Matrícula Educación Infantil Historias pipaca 25/06/2024 - 20:50
Matrícula ESO Páxina pipaca 25/06/2024 - 13:11
AS MINAS DE SAN FINS Páxina pipaca 24/06/2024 - 16:31
VEXO VEO XACOBEO Páxina pipaca 24/06/2024 - 10:14
Concurso Xornalismo na Escola de La Voz de Galicia Historias pipaca 17/06/2024 - 15:17
PREMIOS CERTAME LITERARIO ALBERTO ROMASANTA Historias pipaca 07/06/2024 - 11:59
Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2024-25. Páxina bggon 21/05/2024 - 11:43
NOFC Páxina pipaca 06/05/2024 - 11:52

ENTROIDO 2020

 O venres 21 de febrero, xuntamente con unha multitude de Seres Máxicos, celebramos o Entroido no Cernadas e pasámolo moi ben!

 

Mais fotos nos archivos:

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020.

A Consellería de Educación, Universitaria e Formación Profesional convoca  prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2020.

Están destinadas ao alumnado que curse 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2019/20, na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 27 de febreiro e remata o día 26 de marzo (ambos inclusive).

  Os alumnos deben cumprir os seguintes requisitos:

 a) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2019/2020.

 b) Ter acadado no curso 2018/2019 e na área ou materia de Lingua Inglesa, unha cualificación mínima de «Ben» ou 6.

 c) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

 d) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 e) Estar en posesión do documento nacional de identidade (DNI), número de identidade de estranxeiro (NIE) ou pasaporte, excepto o alumnado menor de 14 anos. 

 

DESFILE DE ENTROIDO

O vindeiro vernes día 21, a partir das 11h, celebraremos o noso tradicional desfile de Entroido. Estades todos convidados a ver como unha multitude de Seres Máxicos nos visitan.

 

ENTROIDO 2020

Comezamos o tempo do Entroido así que vos deixamos as ordes do Meco:

Listaxe provisional fondo solidario de libros de texto de primaria para o curso 2019/20.

Adxuntamos as listas provisionais de admitidos e excluídos do Fondo Solidario de libros de texto para o curso escolar 2019/20.

As reclamacións ás listaxes provisionais poderanse realizar ata o 16 de xullo.

As listaxes definitivas de ESO serán o 13 de setembro.

5 XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE COA RECOLLIDA DE PLÁSTICOS NO BOSQUE QUE RODEA Á ESCOLA.

GRAZAS A TODAS/OS POR PARTICIPAR CON ENTUSIASMO E SEN QUEIXAS!!

UNHA AXUDA MÁIS PARA O NOSO PLANETA

        E ISTO É O PLÁSTICO E MAIS O LIXO QUE

    CONSEGUIMOS RECOLLER NOS ARREDORES DO CENTRO 

 O GAÑADOR DO CONCURSO "CARTA Á TERRA" FOI LUCAS ARESTIÑO, DE 1º ESO A. VELAQUÍ SÚA CARTA.

HORTO ESCOLAR

Onte 1º ESO A , co departamento de Bioloxía e Xeoloxía, recolectou os produtos do horto. Así de ben traballamos. Os nosos parabéns, mozas e mozos!!!

 

SARA FILGUEIRA: UNHA PROFESORA DE GALEGO CON HONORES

A lousamiá foi a mellor da súa promoción e acadou o premio de fin de carreira a nivel autonómico e nacional

O mundo está cheo de tópicos. Que se non medraches nunha cidade nunca chegarás a ser alguén nos estudos. Que se fuches pola rama de letras nunca destacarás academicamente. Afortunadamente, tamén hai casos que derruban tales falacias nas súas dúas primeiras liñas de currículo. A profesora de galego Sara Filgueira Lorenzo (Ces, Lousame, 1993) é o exemplo perfecto.

Con tan só 26 anos, xa conta cunha praza despois de aprobar as oposicións á primeira. E por se fose pouco, a lousamiá foi a primeira da súa promoción, pero os seus méritos foron máis alá dos corredores da facultade onde destacou. A filóloga tamén foi merecedora do galardón que entrega a Xunta aos mellores estudantes graduados de cada ano na súa titulación.

Mais, lonxe de restarlle importancia a este recoñecemento, Sara Filgueira pode presumir de ser a gañadora do Premio Nacional de Fin de Carrera, no apartado de Humanidades. Ou o que vén sendo o mesmo, logrou que o Ministerio de Educación do Goberno de España distinguise a unha titulada en Filoloxía galega. Un exemplo de valor incalculable para a lingua que de seguro acabará por deixar semente.

Os comezos

O certo é que Filgueira non é quen de lembrar o momento exacto no que a vocación pola ensinanza espertou nela. Sen embargo, houbo certas pistas naquela nena que xogaba a impartir clase ante unha audiencia conformada por bonecos, unha cativa que logo medrou para converterse na rapaza á que se sentía ben ensinando e lle «gustaba axudar aos compañeiros resolvendo dúbidas».

A cada mestre que lle marcaba e se gañaba o seu respecto como referente, dende os primeiros anos no CPI Cernadas de Castro ata a súa etapa de bacharelato no instituto noiés Virxe do Mar, íase atallando o camiño que a levou a ingresar na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

«O idioma para min é algo importante, forma parte da miña esencia e identidade», explicou a docente sobre o que a levou á súa actual profesión, aínda que había outro motivo fundamental: «Fixen o que tiña ganas de facer». A importancia desta última afirmación radica na serie de frases que a acompañaron a ela e á súa familia cando tomou aquela decisión.

«Ai, pobriña, é unha pena, non lle deu a nota para outra cousa?» ou «pois non ten moita saída, non?» foron algunhas das reaccións de persoas ás que lles resultaba estraño a elección daquela estudante de boas cualificacións, e das que agora Sara pode lembrar sorrindo e sinalando o importante que foi contar co apoio da súa familia en todo momento, para decidir a onde se encamiñarían os pasos da súa vida.

Distribuir contido