O xoves pasado fomos de excursión ao cabo Fisterra. Fixemos unha viaxe en barco vendo as praias e o faro Fisterra; despois, fomos visitar o faro por terra e finalmente comemos na praia da Langosteira. Pásamolo xenial!! Ahí van unhas fotos de mostra.
|
|||
O pasado mércores 13 de maio os alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO levaron a cabo unha viaxe á Coruña nunha actividade organizada entre os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Plástica, Matemáticas e Bioloxía e Xeoloxía. Todo o grupo asistiu á primeira hora da mañá a una visita guiada pola Casa das Ciencias e a unha sesión do Planetario basada na Enerxía. A continuación, o grupo de 2º ESO acompañado polos profesores Manuel Fuentes e Francisco del Río puideron disfrutar dun dos mellores acuarios de España, o Aquarium Finisterrae así como das suas magníficas inmediacións. Pola contra, os alumnos de 3º ESO, dando un paseo pola magnífica cidade coruñesa encamináronse cara o museo de Belas Artes en compañía dos profesores Teresa Crende e Adolfo Barcia. Alí disfrutaron dunha magnífica exposición guiada sobre a obra do pintor Pablo Picasso. Non cabe dúbida de que foi unha interesante e ben aproveitada visita na que , segundo nos contaron, non lles importaría volver a repetir. Aí queda unha fotiño do grupo e se clicades sobre ela poderedes ver máis na nosa galería de imaxes. Ata a próxima! |
|||
Ó longo destes últimos meses todas as aulas do CPI Cernadas de Castro, dirixidas polos seus titores e titoras, ademais da aula da nosa especialista de Pedagoxía Terapéutica de Primaria emplearonse a fondo en deseñar e construír a súa propia papeleira de reciclaxe. E menudos artistas están feitos! A semana pasada podemos disfrutar dunha exposición que deixou a máis dun coa boca aberta. Aí vos deixamos unhas fotiños de recordo |
|||||||||
A fins da anterior semana, e como xa vén sendo habitual, os dous IES de Noia: O Virxe do Mar e O Sal Alberto remataron as clases e os exames de 2º de Bacharelato. Por esta razón, en días distintos, os dous centros celebraron a graduación do seu alumnado. Entre ese alumnado atópanse tamén compañeiros e compañeiras que saíron de aquí, do CPI Cernadas de Castro e que estudaron connosco dende Infantil ata 4º de ESO. Pois ben, dende Lousame queremos darvos os nosos parabéns; xa sabedes que, despois de tantos anos entre nós, acabades converténdovos nun anaquiño do centro. Estamos felices de que conseguirades rematar esta etapa con tanto éxito, pois un paxariño informounos que nesta promoción do 2014/2015, saída de aquí en xuño de 2013, houbo dúas Matriculas de Honra e varias notas cuxa media está entre o 9 e o10. Tamén nos informou ese paxariño que case todos e todas ides ir a selectivo e iso énchenos de felicidade. Dende logo, o traballo e o esforzo foi voso, pero o orgullo tamén é noso. Parabéns a todos e todas e grazas por formarvos así de ben. Non nos queda máis que desexarvos algo que xa sabemos de antemán que se vai cumprir: que a media de Selectividade sexa tan boa como a de Bacharelato. Mil bicos para todos e todas.
|
|||||||
O xoves pasado estivemos en Fisterra de excursión. Subimos a un barco, vimos o faro, comimos na praia da Langosteira...Unha marabilla! |
|||
Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando co Tangram. A Kandinsky gústaballe moito pintar cadros xeométricos e nos utilizamos o Tangram para formar figuras xeométricas. Tivemos que formar triángulos con 2, 3, 4 e 5 pezas. Logo cadrados con 2, 3, 4 e 5 pezas. Por últimos pentágonos con 3, 4 e 5 pezas. |
|||
A semana pasada na clase de matemáticas estivemos traballando os ángulos. Sabemos que hai ángulos agudos, outros rectos e outros obtusos. Nun dos cadros de Kandinsky buscamos todos os ángulos que había e rodeamos de azul os agudos e verde os rectos. Despois, chegamos á conclusión de que non había ningún ángulo obtuso porque non había ángulos máis grandes que o recto. |
|||
Estamos a estudar as horas e pensamos facer estes reloxos que nos permiten practicar sempre que teñamos un momentiño.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- 48
- 49
- 50
- …
- seguinte ›
- última »